VIII Festival das Núbebes
Tras unha pausa no 2020, chega a Pontevedra unha nova edición do primeiro festival de artes escénicas en Galicia, dedicado a bebés e familias. Serán dous fins de semana cargados de actividades, especialmente pensadas para nenos de 0 a 6 anos, que se farán na rúa e no Teatro Principal de Pontevedra. Este ano o festival vai ter un formato especial, máis pequeno e contido, adaptado ás circunstancias sanitarias. Catro días, catro compañías e 2 pases pases por día nun programa fantástico con espectáculos marabillosos para ti e o teu/túa bebé.
Sábado 18 de setembro
Funcións ás 12.00 h e 18.00 h
Teatro Principal de Pontevedra | Prezo: 3€
CATRO – Caramuxo Teatro
Teatro e danza | De 1 a 4 anos
CATRO lados ten un cadrado, catro son as estrelas que vexo desde a miña habitación, catro os recunchos do meu lugar favorito…
CATRO é a experimentación a partir dun número que se repite na nosa vida a través do movemento coma linguaxe, como canle de coñecemento.
Domingo 19 de setembro
Funcións ás 12.00 h e 18.00 h
Teatro Principal de Pontevedra | Prezo: 3€
Ris Ras – Baobab Teatro
Música e teatro | De 1 a 6 anos
Pensado para enredar, rir e bailar, Ris Ras é un espectáculo musical e teatral para os/as máis pequenos/as da casa onde a palabra e as brincadeiras están presentes para levarnos á tradición oral galega.
Sábado 25 de setembro
Funcións ás 12.00 h e 18.00 h
Teatro Principal de Pontevedra | Prezo: 3€
Da Lúa – Rilo & Penadique
Narración oral e música | De 0 a 3 anos
“Antes do principio do todo había a nada. Despois chegou o vento que moveu a nada. Co movemento saltaron tres chispas: A primeira apagouse e naceu a Lúa. A segunda quedou acesa e naceu o Sol. A terceira comezou a xirar e naceu a Terra. Na Terra hai un carballo, no carballo hai un niño, no niño hai unha merla que choca tres ovos…”
Da Lúa é un espectáculo de narración oral e música co que imos arrolar,
contar, cantar e xogar xuntas para soñar e medrar libres!
Domingo 26 de setembro
Funcións ás 12.00 h e 18.00 h
Teatro Principal de Pontevedra | Prezo: 3€
A Voar – Cé Orquestra Pantasma
Concerto | Público familiar
Espectáculo divertido, dinámico e participativo baseado no conto da xoaniña Xoana, un canto ás necesidades de liberdade, movemento e xogo libre dos nenos e nenas.