XIV Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO)
Volve o Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) cunha decimocuarta edición que expande fronteiras ata Barbadás como gran novidade deste ano. Os espectáculos de seis compañías galegas e catro estranxeiras de temáticas diversas (teatro, teatro de rúa, danza, clown…) encherán a cidade de cultura durante dez días. Esta edición contará coas actuacións de Compañía Viejas Promesas (Madrid); Imaginart Teatro (Castilla y León); Paula Malik (Colombia); Boca de Cao (Portugal) e Artesacía, Cía Furia Sotelo, Teatro do Atlántico, Producións Teatrais Excéntricas e Marta Alonso de Galicia.