Cartel VIII POEMAGOSTO 2021

VIII Festival Internacional de Poesía de Allariz (Poemagosto 2021)

Programa 8º Poemagosto de Allariz

Allariz retoma este ano unha nova edición do Festival Internacional de Poesía “Poemagosto” no recinto do Festival Internacional de Xardíns. Trátase dun evento de referencia que este ano contará coa palabra de Manuel Rivas, Helena Villar Janeiro ou Lorena Conde, desde a Galiza, e Samuel F. Pimenta ou Itisha Giri, desde outras latitudes.

VIII Poemagosto celebrarase o sábado 2 e a mañá do domingo 3 de outubro, dividido nos seguintes actos:

Sábado 2 de outubro

  • 12:00h Acto poético – musical Recital poetas participantes e actuación de Xoán Curiel (formato dúo)
  • 18:00h Acto poético – musical Recital poetas participantes e actuación do dúo Caamaño&Ameixeiras
  • 20:30h Concerto con UXÍA (con Sérgio Tannus)

Domingo 3 de outubro

  • 12:00h II Recital de Poesía Novísima
    Recital poético de poetas novísimas e novísimos e unha sorpresa que inda non podemos desvelar…
  • 13:00h Concerto de David Regueiro Quartet “O Camiño”
    Concerto patrocinado por Aira Editorial.


POETAS PARTICIPANTES

Manuel Rivas · Lorena Conde · Helena Villar Janeiro · Xesús Rábade Paredes (Galiza)
Samuel F. Pimenta (Portugal) · Itisha Giri (Nepal / India) · Zahra el Hasnaoui (Sáhara Occidental).

Tags:

Data

02 - 03 Out 2021
Caducado!

Hora

Todo o día

Máis Información

Páxina oficial

Localización

Allariz
Allariz
Categoría
X
Código QR

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!