V Festival de Artes pola Inclusión Cultural – FESTIGUAL
FESTIGUAL celebra este ano o seu quinto aniversario. Cinco anos visibilizando o traballo de todas as persoas e entidades que loitan cada día por unha cultura máis aberta, con menos barreiras e que inclúa todas as formas de percibir a realidade. FESTIGUAL é un escaparate imprescindible para que todo ese traballo de fondo, de ensaios e procesos creativos que conleva calquera actividade artística, se expoña ante o grande público.
O FESTI= pretende amosar unha cultura sen barreiras, sen trabas: unha cultura para todos e todas. Asociacións e artistas únense por facer unha cidade máis igualitaria e máis diversa, ofrecendo actividades gratuítas durante o FESTI= para garantir a participación e o acceso á cultura a todos os colectivos. Trátase dun festival expandido, con varias citas e proxectos, nas que as entidades sociais da cidade son as protagonistas, e que conta con actividades para todos os públicos, libres de barreiras físicas ou sensoriais.
Programa MOTI Ourense 2021
9 de novembro
• Exposición “NÓS WHY NOT”
Do 14 de novembro ao 3 de decembro
Nas rúas da Coruña
• Obradoiros de Dj Inclusivo (Negus)
18.00 h a 20.00 h / Entrada de balde
Aula 11. Centro Ágora
• Invisibles (Redrum Teatro)
20.00 h
Teatro Rosalía
10 de novembro
• Bailar o teu Barrio (Diversos)
20.00 h / Entrada de balde
Domus
11 de novembro
• Orquestra Basket Beat
20.00 h / Entrada de balde
Teatro Colón
13 de novembro
• Elaboración de Graffiti Inclusivo (Participa)
10.00 h a 14.00 h / Entrada de balde
Mercado de Palavea
16 de novembro
• Obradoiros Dj Inclusivo (Negus)
18.00 h a 20.00 h / Entrada de balde
Aula 11. Centro Ágora
18 de novembro
• Barbarroja (Fundación DISA Canarias)
20.00 h / Entrada de balde
Teatro Colón
20 de novembro
• Xornada para a visibilización da arte e a creación como ferramenta para a saúde comunitaria
10.00 h a 14.00 h / 16.30 h a 19.30 h / Inscricións en festigual.coruna@gmail.com
Fundación Luís Seoane
23 de novembro
• Obradoiros Dj Inclusivo (Negus)
18.00 h a 20.00 h / Entrada de balde
Aula 11. Centro Ágora
• Habitados (Experimentadanza)
20.00 h / Entrada de balde
Teatro Rosalía
27 de novembro
• Visita virtual Amigos do Museo de Belas Artes
12.00 h a 14.00 h / Entrada de balde
Centro Ágora
• MetaMorfosis (Poten100mos)
11.30 h / Entrada de balde
Centro Ágora
• Documental Asociación Zalaeta
12.00 h / Entrada de balde
Centro Ágora
• Concerto Rober Pier (Tres x Cuatro)
13.00 h / Entrada de balde
Centro Ágora
• Pinchada Inclusiva (Negus)
17.30 h a 19.00 h / Entrada de balde
Centro Ágora
• Plasmatoria (Grupo teatro da 3ª idade)
17.30 h / 18.30 h / 19.30 h / Entrada de balde
Centro Ágora
• CONCERTO TANXUGUEIRAS
20.00 h / reserva a túa entrada en
https://www.inscribirme.com/tanxugueirasenconcertoenfestigual2021
Centro Ágora