V Festival de Artes pola Inclusión Cultural – FESTIGUAL

Cartel Festigual 2021

FESTIGUAL celebra este ano o seu quinto aniversario. Cinco anos visibilizando o traballo de todas as persoas e entidades que loitan cada día por unha cultura máis aberta, con menos barreiras e que inclúa todas as formas de percibir a realidade. FESTIGUAL é un escaparate imprescindible para que todo ese traballo de fondo, de ensaios e procesos creativos que conleva calquera actividade artística, se expoña ante o grande público.

O FESTI= pretende amosar unha cultura sen barreiras, sen trabas: unha cultura para todos e todas. Asociacións e artistas únense por facer unha cidade máis igualitaria e máis diversa, ofrecendo actividades gratuítas durante o FESTI= para garantir a participación e o acceso á cultura a todos os colectivos. Trátase dun festival expandido, con varias citas e proxectos, nas que as entidades sociais da cidade son as protagonistas, e que conta con actividades para todos os públicos, libres de barreiras físicas ou sensoriais.

Programa MOTI Ourense 2021

9 de novembro

Exposición “NÓS WHY NOT”
Do 14 de novembro ao 3 de decembro
Nas rúas da Coruña

Obradoiros de Dj Inclusivo (Negus)
18.00 h a 20.00 h / Entrada de balde
Aula 11. Centro Ágora

Invisibles (Redrum Teatro)
20.00 h
Teatro Rosalía

10 de novembro

Bailar o teu Barrio (Diversos)
20.00 h / Entrada de balde
Domus

11 de novembro

Orquestra Basket Beat
20.00 h / Entrada de balde
Teatro Colón

13 de novembro

• Elaboración de Graffiti Inclusivo (Participa)
10.00 h a 14.00 h / Entrada de balde
Mercado de Palavea

16 de novembro

Obradoiros Dj Inclusivo (Negus)
18.00 h a 20.00 h / Entrada de balde
Aula 11. Centro Ágora

18 de novembro

Barbarroja (Fundación DISA Canarias)
20.00 h / Entrada de balde
Teatro Colón

20 de novembro

Xornada para a visibilización da arte e a creación como ferramenta para a saúde comunitaria
10.00 h a 14.00 h / 16.30 h a 19.30 h / Inscricións en festigual.coruna@gmail.com
Fundación Luís Seoane

23 de novembro

Obradoiros Dj Inclusivo (Negus)
18.00 h a 20.00 h / Entrada de balde
Aula 11. Centro Ágora

Habitados (Experimentadanza)
20.00 h / Entrada de balde
Teatro Rosalía

27 de novembro

Visita virtual Amigos do Museo de Belas Artes
12.00 h a 14.00 h / Entrada de balde
Centro Ágora

MetaMorfosis (Poten100mos)
11.30 h / Entrada de balde
Centro Ágora

Documental Asociación Zalaeta
12.00 h / Entrada de balde
Centro Ágora

Concerto Rober Pier (Tres x Cuatro)
13.00 h / Entrada de balde
Centro Ágora

Pinchada Inclusiva (Negus)
17.30 h a 19.00 h / Entrada de balde
Centro Ágora

Plasmatoria (Grupo teatro da 3ª idade)
17.30 h / 18.30 h / 19.30 h / Entrada de balde
Centro Ágora

• CONCERTO TANXUGUEIRAS
20.00 h / reserva a túa entrada en
https://www.inscribirme.com/tanxugueirasenconcertoenfestigual2021
Centro Ágora

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!