Cartel do I Congreso Internacional de Teatro Galego

I Congreso Internacional de Teatro Galego

O teatro desde as súas orixes, e as artes escénicas en xeral, teñen esa capacidade transformadora da sociedade, porque nacen en, de e para a sociedade desde o amplo espectro do desenvolvemento humano. Este congreso pretende a posta en común da situación actual e problemática do teatro galego coa situación e problemática doutros modelos internacionais de creación, produción, xestión e distribución; para, con esas conclusións, contribuír así á transformación social da nosa contorna inmediata e daquelas sociedades que desexen poñer a súa mirada neste proxecto que servirá de guía para profesionais, xestores e público desde aquí e agora e co 2030 no horizonte.

Programa

Mércores 7 de outubro

10:00 Plenario – Experiencia, actualidade e modelos externos
Título: O teatro galego proxectándose cara o século XXI: os desafios da poscrise.
Conferente: Cristina Domínguez (vicedirectora da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia)
Presentador: Eduardo Alonso Rodríguez (Academia Galega de Teatro)

18:00 Presentacións

Informe sobre o teatro galego: creadores, xestores e públicos
Observatorio da Cultura Galega / Consello da Cultura Galega. Håkan Olof Casasres Berg.

As liñas a seguir polo CDG co 2030 no horizonte
Centro Dramático Galego. Francisco Javier Núñez Alonso, director do CDG

22:30 Actividades
Representación da obra “Despois das ondas” da compañía de teatro galega Butacazero
Na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta de Santiago de Compostela

Xoves 8 de outubro

10:00 Plenario – O Teatro e os públicos
Conferente: Domènec Reixach i Felipe (actor, director e xestor teatral)
Presentador: Damián Villalaín (Academia Galega de Teatro – ESADG)

18:00 Presentacións

Presentación da colección de teatro da editorial Galaxia
Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia

Presentación da biblioteca arquivo teatral “Francisco Pillado Mayor”
Laura Tato (Universidade da Coruña)

Presentación da colección de textos bilingüe Premios de teatro Rafael Dieste
Carlos Rodríguez Alonso, vicesecretario xeral da ADE

22:30 Asistencia a representacion teatra

Venres 9 de outubro

10:00 Plenario – A creación e os seus procesos
Conferente: Carme Portaceli (directora de escena)
Presentador: Luma Gómez (Academia Galega de Teatro)

18:00 Presentacións

Camiño Escena Norte
Diego V. Meizoso, xerente de Escena Galega e coordinador do proxecto

Presentación da colección de textos teatrais Diteatro de Edicións Positivas
Francisco Macias Macias, Edicións positivas

O fondo teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas
Antón Lamapereira

Mundo Escénico: Comunidade e plataforma dixital das artes escénicas galegas
Daniel Amós Rodríguez

22:30 Actividades
Mostra pedagóxica do obradoiro integrado da ESAD de Galicia (dirección escénica e dramaturxia, escenografía e interpretación)
No Salón Teatro de Santiago de Compostela

Participantes

Data

07 Out 2020 - 09 Out 2020

Hora

10:00 - 23:55

Localización

Santiago - Cidade da Cultura
Monte Gaiás s/n, 15707, Santiago de Compostela
Categoría
Academia Galega de Teatro

Organizador

Academia Galega de Teatro
Correo electrónico
info@academiagalegadeteatro.gal
Web
http://academiagalegadeteatro.gal/

O Tempo

16 °C
Vento: 11 KPH
Humidade: 1 %
X
Código QR

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!