5º Festival SóLODOS En Danza Ourense
A Plataforma Cultural SóLODOS presenta a 5ª edición de SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020, Festival Internacional e Certame de Creación de Dúos e Solos.
Debido ás circunstancias derivadas da COVID – 19, nesta ocasión a programación SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020 celebrarase online os días 3, 4 e 5 de decembro a través de Facebook Live na páxina de SóLODOS.
Esta edición contará con artistas de Galicia, Cataluña, Andalucía, Aragón, Madrid e convidados de Costa Rica, México e Francia.
Durante o Festival presentaranse seis obras de creadores noveos españois finalistas do Certame de Creación de Dúos e Solos, catro obras das compañías convidadas Peace of Mind, Colectivo Sin Par, Violeta Iriberri e Arnau Pérez, celebraranse diversos foros e serán otorgados tres premios tras a celebración da final do Certame de Creación Dúos e Solos:
Premio Sólodos En Danza / Ourense / 2020: A coreografía gañadora realizará unha xira por Costa Rica no ano 2021.
Certamen Coreografico de Madrid: O Certamen Coreografico de Madrid programará unha das pezas finalistas de Sólodos En Danza Ourense 2020, froito da colaboración entre os dous certames, o día 9 de decembro de 2020 no Teatro do Centro de Creación Contemporánea Conde Duque de Madrid.
Certamen Internacional de Coreografía Burgos & New York: O Certamen Internacional de Coreografía Burgos New York seleccionará unha das pezas finalistas de Sólodos En Danza Ourense 2020, para participar na semifinal do seu certame na súa 20 celebración que se realizará no verán de 2021. Este premio é froito da colaboración entre os dous certames.
Grazas á colaboración do Circuito Red Acieloabierto, o coreógrafo Arnau Pérez estará na Gala Sólodos En Danza coa súa coreografía YOUNG BLOOD, co artistas Maddi Ruiz de Loizaga e Adrián Manzano, dentro da Programación do Festival Sólodos En Danza / Ourense / 2020.
Arnau Pérez coa súa coreografía YOUNG BLOOD, é unha das compañías que este ano están xirando polo Circuito Red Acieloabierto 2020.
PRODUCE SóLODOS
PATROCINA: Auditorio Municipal de Ourense, Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, INAEM, Red Acieloabierto, Trayectos, Certamen Internacional de Coreografía Burgos & New York, Certamen Coreografico de Madrid, Pasoa2, Galicia Danza Contemporánea e Pablo Salas Fotógrafo.
Programa
PROGRAMA 3 DECEMBRO
- 21h Esp – 2pm CR / APERTURA FESTIVAL
- RECORDANDO SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2019 – PROXECCIÓN DO VIDEO RESUMO DA PASADA EDICIÓN
- PRESENTACIÓN FINALISTAS 2020
- THE LESSON / GUILLEM JIMÉNEZ – laSADCUM / Interpretación: Marta Jaén García e Alfonso Fernández /ALMERÍA – BARCELONA
- VAMOS / ÁNGEL GARCÉS / MADRID
- NIKS / ALFONSO FERNÁNDEZ / Interpretación: Marta Jaén García e Alfonso Fernández / BARCELONA
- VERTEBRATA / ALEJANDRA BALBOA / PONTEVEDRA
- THE BEAUTY OF IT / ÁNGEL DURÁN / BARCELONA
- QUIRAL-1,5m / ROCÍO BARRIGA e LUNA SÁNCHEZ – CÍA LA BASAL / CÁDIZ – SEVILLA
- ESE PÁJARO NO PUEDE ESTAR EN ESTA PLAZA
- COREOGRAFÍA GAÑADORA DE SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2019
- Coreografía: Violeta Iriberri
- Interpretación: Raúl Lorenzo e Violeta Iriberri
- Ese pájaro no puede estar en esta plaza arrástranos ao mundo desbordado de dúas personaxes, baixo unha trama absurda cun paxaro inexistente, que nos sitúan como espectadores na observación do conflicto que os remove. Unha historia conectada mediante insinuacións e medias palabras cantadas, onde se sospeita que algo os axita e revolotea. Dúas personaxes exageradas y cheas de aspaventos, baixo o drama e a anécdota desmedida, o exceso e a sutileza, que poñen ás a este alboroto.
PROGRAMA 4 DECEMBRO
20h Esp – 1pm CR / FORO GAÑADORES EDICIÓNS ANTERIORES
- Convidados: Marina Fullana e Laura Lliteras – UnaiUna, Alba Fernández Cotelo, Nacho Cárcaba, Violeta Iriberri e Raúl Lorenzo, Natividad Buil – Coordinación Red Acieloabierto e Festival Trayectos, España- e Victoria P. Miranda -Bailarina e Coreógrafa, España-.
21h Esp – 2 pm CR / GALA SóLODOS EN DANZA
- ACOSTUMBRADAS / PEACE OF MIND / ARAGÓN
- Coreografía e interpretación: Paula Pérez Pinilla e Carmina Gimeno Latas
- Temos unha identidade pero… ¿nace ou faise?
- Escollemos aquelo que nos atrae e tratamos de adquirirlo como costume.
- Deste xeito nos identificaremos con todo aquelo que responda ante esas formas determinadas. ¿Que pasa cando nos invaden novas influencias? Podemos soltar as nosas raíces para afondar nos novos descubrimentos, ou darnos conta de que non nos sentimos identificadas e volver con maior firmeza ao punto de partida. De calquer modo a nosa identidade quedará amplificada.
- EFECTO SIAM / COLECTIVO SIN PAR / ANDALUCÍA
- Coreografía e interpretación: Lara Misó e Wilma Puentes
- Con “ Efecto Siam” queremos explorar o concepto da unión física entre dúas persoas, tal e como ocorre cos siameses. Indagar así , a través dun debate mudo, na permisividade do movemento con esta restricción e implicando o lado emocional que isto podería conlevar. Comunicarnos a través de contrasinais kinestésicas e enfatizando na dependencia inherente de dous seres humáns que chegaron ao mundo dentro da mesma pel.
- YOUNG BLOOD / ARNAU PÉREZ / CATALUÑA / RED ACIELOABIERTO
- Coreógrafo: Arnau Pérez.
- Intérpretes: Maddi Ruiz de Loizaga, Adrián Manzano e Arnau Pérez.
- “Young Blood, we see you”. Somos esta xración de novos con enerxía, creatividade e implicación para desenvolver novos camiños pero que se ve truncada polo talante desta sociedade. Temos moito que dicir e reivindicar en cada lugar. Estades véndonos. Estamos preparados, pero… ¿estádelo vós?.
PROGRAMA 5 DECEMBRO
20h Esp – 1 pm CR / FORO XIRA COSTA RICA
- ARTISTAS QUE REALIZARON XIRA 2019 (Carla Segovia, Guillermo Aguilar, Nacho Cárcaba, Arnau Pérez, Thomas Guirau) + ESTRUTURAS EN COSTA RICA QUE ACOLLEN ARTISTAS DE SóLODOS (Noidy Salazar – Directora Departamento de Vida Estudiantil e Servizos Académicos DEVESA e Carlos Ovares -Director Corpóreos de Quepos, de Costa Rica).
21h Esp – 2 pm CR / CERTAME SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020
- GUILLEM JIMÉNEZ – laSADCUM / THE LESSON / ALMERÍA – BARCELONA
- “A través de mecanismos de apropiación e collage, THE LESSON funciona como un ‘found footage’ coreográfico que pensa o noso comportamento na era postinternet.“
- Coreografía: Guillem Jiménez
- Interpretación: Laia Camps e Guillem Jiménez
- Produción: TKM Room / Maricxs Marci’s
- ÁNGEL GARCÉS / VAMOS / MADRID
- “VAMOS” é unha peza nacida desde un referente moi claro, pero un ano despois o referente casi que son eu mesmo. Empezou como unha tontería co meu amigo Chey Jurado, simplemente ensináballe como imitaba as manías de Nadal. Así que, todo parte de aí, das manías, tan tolas, de Rafa Nadal antes de cada saque. É un proceso de descubrimento e un reto persoal onde rompín con barreiras mentais que me impedían o desenvolvemento dunha creación artística.
- Coreografía e interpretación: Ángel Garcés
- Música Orixinal: Javier Martínez
- Vestiario: Sara Sánchez
- Ollo Externo: Arnau Pérez, Chey Jurado e Sara Sánchez
- ALFONSO FERNÁNDEZ / NIKS / BARCELONA
- Ao afirmar que o corpo é o sitio principal de opresión na sociedade occidental, os colaboradores deste volume pionero exploran o complexo tema da encarnación e como se relaciona coa inclusión social e a marxinación. Nunha cultura onde os corpos de persoas que son morenas, negras, mulleres, transxénero, discapacitadas, gordas ou queer a miúdo son avergonzadas, sexualizadas, ignoradas e oprimidas. ¿Que significa vivir nun corpo marxinado?
- Coreografía: Alfonso Fernández
- Interpretación: Marta Jaén García e Alfonso Fernández.
- ALEJANDRA BALBOA / VERTEBRATA / PONTEVEDRA
- Investigando co coreógrafo Luis Marrafa, nace Vertebrata. Unha viaxe emocional na que o corpo é movido polo ruido que o habita. Éste atópase coa dificultade de controlar os seus impulsos internos, intentando descifralos e incluso dominalos. Un vaivén entre a leve asfixia do intento e a pesada carga da debilidade.
- É a expresión dun animal que exterioriza a través do movemento, os diferentes estados da súa materia.
- Coreografía e interpretación: Alejandra Balboa
- ÁNGEL DURÁN / THE BEAUTY OF IT / BARCELONA
- The Beauty of It é un solo de danza contemporánea que nos fala da fraxilidade da persoa e que nos ofrece unha reflexión sobre a autenticidade das accións ou as personaxes que un mesmo crea.
- É real todo o que experimentamos? ¿Cal é a diferencia entre actuar e comportarse tal e como somos? Esta dicotomía nunha persoa fai que ás veces non poidamos chegar a diferenciar que é a realidade e que é o soño.
- Coreografía e interpretación: Ángel Durán
- ROCÍO BARRIGA e LUNA SÁNCHEZ – CÍA LA BASAL / QUIRAL-1,5m / CÁDIZ – SEVILLA
- Quiral -1,5m- é unha proposta coreográfica que busca distintas personalidades dentro dun mesmo ser. Como sería convivir con elas, como sería descubrir que o que parecía idéntico e afín a ti, pode chegar a converterse no teu maior adversario. Deste xeito dous corpos constrúen unha sólida unidade, comparten espazo e tempo e únense a través das mans, a “zona vermella”, algo ao que o ollo se desacostumou nesta nova normalidade.
- Coreografía e interpretación: Rocío Barriga e Luna Sánchez
23h Esp – 4 pm CR / ENTREGA PREMIOS SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020
- Premio Sólodos En Danza / Ourense / 2020: A coreografía gañadora realizará unha xira por Costa Rica no ano 2021.
- Certamen Coreografico de Madrid: O Certamen Coreografico de Madrid programará unha das pezas finalistas de Sólodos En Danza Ourense 2020, froito da colaboración entre os dous certames, o día 9 de decembro de 2020 no Teatro do Centro de Creación Contemporánea Conde Duque de Madrid.
- Certamen Internacional de Coreografía Burgos & New York: O Certamen Internacional de Coreografía Burgos New York seleccionará unha das pezas finalistas de Sólodos En Danza Ourense 2020, para participar na semifinal do seu certame na súa 20 celebración que se realizará no verán de 2021. Este premio é froito da colaboración entre os dous certames.