Revenidas 2020 (en conserva)
O Festival das Línguas. O Revenidas de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, converteuse nunha referencia no noso país pola súa aposta na música feita en galego xunto coa presenza de grandes bandas destacadas internacionalmente. Dende o 2003, ano da súa primeira edición, non deixou de medrar en canto a actividades e asistencia. E na súa 16ª edición forma parte dos sete eventos que están detrás da marca Festivais Rías Baixas. Sen embargo algo non mudou dende as orixes do Revenidas, o compromiso do festival co país, coa nosa cultura e coas persoas que fan que exista.
Programa
Xoves 10 de setembro
- 20:00h – “Aupa” de Nelson Quinteiro
- 21:00h – De vacas + Cuernicornios
Venres 11 de setembro
- 18:00h – “Punkdemia” de Peter Punk
- 20:00h – Escola de Pandeiretas Avelaíña
- 20:30h – Sés + Zeltia Irivire
Sábado 12 de setembro
- 13:00h – Quico Cadaval + Monoulius Dop
- 18:00h – Mago Paco
- 20:00h – Gramola
- 20:30h – Ortiga + Dakidarría
Domingo 13 de setembro
- 12:30h – Gala de Circo Revenidas
- 19:00h – Gala Revenidas-Festivala
- Lupe Blanco e Alba María
- Suricar
- Rebeca Santos
- Aldaolado
- 21:00h – Perseguidor