
Corufest 2020: 3º Festival de Artes Escénicas pola diversidade afectivo-sexual
Danza, música, artes plásticas, teatro e narración oral danse cita na tercera edición do festival Corufest, que terá lugar entre o 8 e o 11 de outubro en diferentes espacios de A Coruña: Teatro Colón, Teatro Rosalía de Castro, Centro Ágora, Fórum Metropolitano, Casa Casares Quiroga e Bibliotecas Públicas Municipales de A Coruña. O Festival, que naceu en A Coruña en novembro de 2018 como un Festival de Artes Escénicas que aposta pola programación de accións para dar visibilidade á liberdade afectivo-sexual como un lugar de reflexión e diálogo cultural, inclúe nesta edición novidades como proxeccións, exposicións, encontros con autores e obradoiros; actividades que se suman ás xa tradicionais citas coa música, o teatro e a danza. Todas, con contidos LGTBIQ+.
Programa
8 de outubro
- .ESCRITA. 19:00 h. na Biblioteca Municipal Ágora, Clube de Lectura Queer co famoso escritor Roy Galán.
- .MÚSICA. 20.30 h. no Teatro Colón: Rodrigo Cuevas repite no festival co seu espectáculo “Trópico de Covadonga“, co que aborda o concepto do tempo e os ciclos do ano en formato cancioneiro popular contemporáneo.
9 de outubro no Teatro Colón:
- .VARIOS. 18:00 h. a terceira edición do Ciclo Alas, en que se presentará o libro “El fin del armario” de Bruno Bimbi e o documental “Fighting Barriers” de Tomás Fábregas.
- .TEATRO. 20:30 h. será a quenda de “Dados”, da compañía Ventrículo Veloz.
10 de outubro no Centro Ágora:
- .DANZA. 17.30 h co obradoiro de danza “voguing” impartido por Galaxia La Perla e a continuación ás 19.00 h falará do seu traballo.
- .TEATRO. 20.30 h, representarase “Microspectivas dun marica millenial“ de Cía Incendiaria, un espectáculo de teatro-danza interpretado por Davide González e dirixido por Vanesa Sotelo.
11 de outubro:
- .TEATRO. 12:00 h. no Fórum Metropolitano estará Victoria Pérez, acompañada de Manu Fernández, co seu espectáculo “Rosa e azul”, unha sesión de contos que celebra a diversidade LGTBIQ e que racha cos estereotipos de xénero e binarismo impostos desde que nacemos.
- .DANZA. 20:30 h. no Teatro Rosalía de Castro, o espectáculo “Várvara”, de Bárbara Sánchez. Un achegamento feminista ao arquetipo cristián de María Magdalena.
E ademais, do 7 ao 11 de outubro, na Casa Casares Quiroga estará exposta a obra do artista multidisciplinar Cachorro Lozano, o creador das tres láminas dos carteis do Corufest 2020.
