Cía Incendiaria

Correo electrónicoincendiariacontactogmail.com
Webhttps://www.incendiaria.net/
Compoñentes
  • Vanesa Sotelo (Directora teatral, actriz e dramaturga)
  • Davide González (Actor, músico, director teatral e compositor)
Historia

Incendiaria é unha plataforma artística nacida en 2014 que fundamenta o seu traballo na investigación e na creación escénica contemporánea.

No 2014, traballan a partir da peza Memoria do Incendio, de Vanesa Sotelo para reparar na construción do personaxe a partir do traballo co corpo.  No 2016, emprenden un laboratorio propio de creación e investigación do que xurde a peza Contramateria, unha proposta fundamentada no estudo do tempo en diversas accións escénicas. 

No 2018, Incendiaria estrea a súa primeira montaxe profesional, Eila, coa que forma parte da programación do Vigo en Bruto 2018 impulsado polo Teatro Ensalle. Esta é unha montaxe que ten como punto de partida unha serie de poemas de Rosalía de Castro musicados por Davide González. A liña de traballo e de investigación con obxectos,co estudo dos tempos, coas reaccións e coa presenza escénica foron as xeradoras dunha dramaturxia visual e sensorial onde a hibridación de xéneros como a música, a performance, a poesía ou o movemento, convivían entre si, facendo de Eila unha proposta escénica-musical que ía alén do recital.

Actualmente, Incendiaria presenta o seu segundo espectáculo profesional, Microspectivas dun marica millennial, unha coprodución do Centro Dramático Galego, apoiado polo Colectivo RPM a través das Residencias Paraíso 2019.

Facebookhttps://www.facebook.com/IncendiariaTeatro/
Instagramhttps://www.instagram.com/_incendiaria_/
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!