Incendiaria é unha plataforma artística nacida en 2014 que fundamenta o seu traballo na investigación escénica. Despois de “Memoria do incendio” (2014) e “Contramateria” (2016), “Eila” (2018) é o primeiro espectáculo profesional do colectivo.
Correo electrónico | incendiariacontactogmail.com |
Web | https://www.incendiaria.net/ |
Compoñentes |
|
Historia | Incendiaria é unha plataforma artística nacida en 2014 que fundamenta o seu traballo na investigación e na creación escénica contemporánea. No 2014, traballan a partir da peza Memoria do Incendio, de Vanesa Sotelo para reparar na construción do personaxe a partir do traballo co corpo. No 2016, emprenden un laboratorio propio de creación e investigación do que xurde a peza Contramateria, unha proposta fundamentada no estudo do tempo en diversas accións escénicas. No 2018, Incendiaria estrea a súa primeira montaxe profesional, Eila, coa que forma parte da programación do Vigo en Bruto 2018 impulsado polo Teatro Ensalle. Esta é unha montaxe que ten como punto de partida unha serie de poemas de Rosalía de Castro musicados por Davide González. A liña de traballo e de investigación con obxectos,co estudo dos tempos, coas reaccións e coa presenza escénica foron as xeradoras dunha dramaturxia visual e sensorial onde a hibridación de xéneros como a música, a performance, a poesía ou o movemento, convivían entre si, facendo de Eila unha proposta escénica-musical que ía alén do recital. Actualmente, Incendiaria presenta o seu segundo espectáculo profesional, Microspectivas dun marica millennial, unha coprodución do Centro Dramático Galego, apoiado polo Colectivo RPM a través das Residencias Paraíso 2019. |
https://www.facebook.com/IncendiariaTeatro/ | |
https://www.instagram.com/_incendiaria_/ | |