XV Festival Internacional Rebulir (FIR 2020)
Presentación
O FIR, é unha mostra internacional de cultura tradicional, que permite abrir unha fiestra a diversidade. O cartel representa a interconexión de Galicia con outras culturas, e tamén por medio das aves como símbolo indica a liberdade que da a cultura e que tanta falta nos fai nestes intres.
Programa XV FIR
Xoves 17 de decembro
- Presentación e APERTURA do Festival
- 12:30 h. ANIMACIÓN (sen contacto) “O Cabaret das Culturas” con Nelson Quinteiro. Centro Cultural Marcos Valcarcel-Ourense
- 19:30 h. OBRADOIRO de AS ARMANDANZAS con Montse Rivera e Mercedes Prieto – .VIRTUAL
Venres 18 de decembro
- 11:00 h. Inauguración da EXPOSICIÓN “XV anos de FIR”. Diferentes espazos públicos de Ramirás
- 12:00 h. Ruta Teatralizada (sen contacto) espazos de Exposicións con ARunRun Teatro
- 20:00 h. ANIMACIÓN (sen contacto) con grupo Rebulir – Rúas e locais de Celanova
- 20:00 h. CONCERTO de Nelson Quinteiro – .VIRTUAL
Sábado 19 de decembro
- 16:30 h. ANIMACIÓN (sen contacto) “O Cabaret das Culturas” con Nelson Quinteiro. Rúas e espazos de Ramirás
- 17:00 h. Recepción Oficial dos Grupos
- 19:00 h. GALA CENTRAL
- Emisión en .DIRECTO , sen público, desde O Picouto (Ramirás). Presenta: Nelson Quinteiro
- Grupos:
- EBMT Rebulir
- Grupo Son Real
- Mariachi Noche de Ronda
- Coro Gospel Vida
- Pelepau
- Entrega dos PREMIOS REBULIR da Cultura Galega 2020 Mercedes Peón, Fina Calleja e B.M. de Vilanova dos Infante
Domingo 20 de decembro
- 13:30 h. ANIMACIÓN (sen contacto) con grupo Rebulir Rúas e espazos de Ramirás
- 20:30 h. CONCERTO de Alba Faro – .VIRTUAL
- Peche e CLAUSURA
INFORMACIÓN: As EMISIÓNS faranse pola canle de YOUTUBE do FIR-Festival Internacional Rebulir 2020 e nas redes de La Región, GaliciaAberta e Deputación de Ourense