XI Festival Galego de Cabaré
Dende o venres 2 de outubro ao domingo 4 de outubro o Teatro Colón de A Coruña será epicentro absoluto dunha mostra única en toda a península arredor deste xénero que mestura comedia, danza, maxia, circo ou teatro envoltos nun fío conductor de picardía, elegancia, sensualidade e provocación.
O Festival Galego de Cabaré, mostra única destas características que se celebra en toda a Península Ibérica, volve ás súas andanzas á Coruña, cidade que o víu medrar e expandirse, dende que no 2006 comezara as súa actividade. Volve pola porta grande, en formato de gran teatro, con espectáculos únicos e irrepetibles nos que abarcará xeneros como cabaré, o burlesque e o swing, e con propostas de carácter internacional e a presenza de artistas de todo o globo. Durante 3 días, o emblemático Teatro Colón será escenario de espectáculos nos que a música, a danza, a maxia, o circo ou o teatro serán impregnadas dese característico arrecendo a neftalina, nostalxia, sensualidade e provocación.
Aforo limitado en tódolos espectáculos. Mascarilla obrigatoria e tódalas medidas COVID-19.
Programa
Venres 2 de outubro
- 21:00h – Burlesque no Teatro Colón (ADULTOS)
- “Cabaresque” de Cía El Burlesco Malandrín +Srta Siller
- Unha experiencia dentro da caixa escénica so para adultos!
Sábado 3 de outubro
- 21:00h – Café Cantante no Teatro Colón (TÓDOLOS PÚBLICOS)
- “Paseando el Swing” de Swing Machine Orchestra
- “A primeira orquesta de cordas swing”. Unha proposta única, xenuina e aloucada con 12 músicos e bailaríns de diferentes procedencias (Cuba, Honduras, Arxentina e España) para bailar ao ritmo frenético dos anos 30.
Domingo 4 de outubro
- 21:00h – Grande Cabaré no Teatro Colón (TÓDOLOS PÚBLICOS)
- Gala Femme Fatale
- Un espectáculo único e irrepetible coa participación das máis grandes estrelas do cabaré do panorama galego, pintura ao vivo, música en directo, acrobacias aéreas e convidados de luxo!!