I Festival Comediártiko
A sala viguesa Ártika reabre as súas portas cun novo ciclo de teatro da man dalgunhas das mellores compañías da escena galega. Baixo a premisa de “un pouco de comedia para estes tempos confusos”, os responsables da sala, Fernanda Barrio e Marcos Alonso retoman a actividade co I Festival Comediártiko que será o punto de partida da nova programación que contará con Talia Teatro, Chevere, Mofa e Befa e as compañías viguesas Teatro Avento Producións e Enconarte Producións.
Programa
Sábado 5 de setembro
- 18:00h – “Voa, voa!” de Talía Teatro
domingo 6 de setembro
- 12:00h – “Voa, voa!” de Talía Teatro
- 18:00h – “Voa, voa!” de Talía Teatro
Venres 11 de setembro
- 21:30h – “As fillas bravas e o mito de Casandra” de Chévere . ESTREA .
Sábado 12 de setembro
- 21:30h – “As fillas bravas e o mito de Casandra” de Chévere
Domingo 13 de setembro
- 20:00h – “As fillas bravas e o mito de Casandra” de Chévere
Venres 18 de setembro
- 21:30h – “Como sobrevivir a unha apocalipse zombi” de Teatro Avento
Sábado 19 de setembro
- 18:00h – “Aladino e a Lámpara marabillosa” de Teatro Avento
Domingo 20 de setembro
- 12:00h – “Aladino e a Lámpara marabillosa” de Teatro Avento
- 18:00h – “Aladino e a Lámpara marabillosa” de Teatro Avento
Venres 25 de setembro
- 21:30h – “Monstruación” de Enconarte
Sábado 26 de setembro
- 21:30h – “Monstruación” de Enconarte
Domingo 27 de setembro
- 20:00h – “Monstruación” de Enconarte
Venres 2 de outubro
- 21:30h – “Mofa e Befa: dúas pedras no camiño” de Producións Teatrais Excéntricas
Sábado 3 de outubro
- 21:30h – “Mofa e Befa: dúas pedras no camiño” de Producións Teatrais Excéntricas
Domingo 4 de outubro
- 20:00h – “Mofa e Befa: dúas pedras no camiño” de Producións Teatrais Excéntricas