XXI Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei
Nesta vixésima primeira edición participarán sete grupos de Galicia, un de Villalpardo (Cuenca) e outro de Madeira (Portugal). A Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei é actualmente un referente dentro do panorama de teatro amador galego nacional e pola mesma teñen pasado xa máis de duascentas cincuenta compañías do teatro amador galego e máis de trinta da península e de países como Cuba, México, Portugal, Francia…
Programa
Xoves, 27 de agosto
- “Tecedoras de soños” de Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei
- Entrega do XV Premio Careón á escritora Iolanda R. Aldrei en recoñecemento á súa labor como escritora e dinamizadora da cultura galega
Venres, 28 de agosto
- “O vixiante dos soños” (teatro infantil e familiar) de Ubú Teatro
Sábado, 29 de agosto
“La elegida” (musical) de Invencible Teatro y Escuela de Teatro, de Villalpardo (Cuenca)- “Detrás das máscaras 1” de Metátase Teatro
Domingo, 30 de agosto
- “Detrás das máscaras 2” de Metátase Teatro
- Entrega do III Premio “Garabato” á conservación do patrimonio en homenaxe a Gabriel Barreiro Toural que se outorgará á Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada, unha entidade que se distingue pola súa labor na defensa, recuperación e difusión do patrimonio cultural.
Mércores, 02 de agosto
- “Coa proa de Carvalho” de Brais das Hortas
Xoves, 3 de setembro
- “Langreira de amor” de Grupo de Teatro Faro Miño, de Chantada
Venres, 4 de setembro
- “Familia? Non grazas” de Pedro Brandariz
- Entrega do XX Premio Mácara a Pedro Brandariz pola súa traxectoria profesional como actor e o seu apoio ao teatro
Sábado, 05 de setembro
- “A Nova Barca do Inferno” (adaptación do orixinal A Barca do Inferno, de Gil Vicente) de Grupo de Teatro Machico (Ilha da Madeira – Portugal)
Domingo, 06 de setembro
- “O retorno de Dora e Lola” de Alentía Teatro