
Lugo en Danza (LED) 2020
LED é un ciclo de programación e mediación cultural ao redor da danza e das artes do movemento, co que dende a área de cultura do Concello de Lugo tratan de ofrecer opcións diversas, ampliando o acceso á cultura das veciñas e veciños ao campo da danza contemporánea e as artes do movemento.
Programación
10 de Xaneiro
Ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire
– Mercedes máis eu, de Janet Novás e Mercedes Peón
7 de Febreiro
Ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire
– Up2down, de Traspediante
7 de Marzo
Ás 20:30 horas no MIHL
– 3 pezas curtas: Novos Creadores, de Alba F. Cotelo, Em.Na (Colectivo Glovo) e Un huevo y cuatro sardinas, de Beatriz del Monte
3 de Abril
Ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire
– As vacacións máis longas, de Diego M. Buceta
24 de Abril
Ás 20.30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire
– Leira, de Nova Galega de Danza
29 de Maio
Ás 20:30 horas no MIHL
– Hara, de Andrés Corchero
