
5º Festival de Títeres Tradicionais – TITIRIBERIA 2020
Presentación
O Festival Titiriberia, organizado pola Asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, celebra a súa quinta edición en Rianxo entre os días 22 e 30 de decembro. En total, unha ducia de funcións conformarán o programa deste ano no que tamén se inclúen mesas redondas, exposicións e obradoiros. Nesta edición de 2020, a primeira que se celebrará en Rianxo tras catro anos no municipio de Teo, o Titiriberia incluirá unha programación cuxo obxectivo principal será, un ano máis, achegarlle ao público a longa tradición do títere tradicional, xénero escénico cun gran arraigamento histórico na cultura galega.
Neste ano tan insólito e complexo por mor da pandemia, o festival adaptarase ás circunstancias, cumprindo co máximo rigor con todas as medidas sanitarias en canto á protección individual e a limitacións de aforos. Ademais, para garantir o máximo acceso posible ao público, poderase seguir pola rede o conxunto da programación a través da canle https://www.youtube.com/user/morreuodemo
Programa TITIRIBERA 2020
Martes 22 de decembro
- O horroroso crime de Xan Miñoca – VIRAVOLTA TÍTERES
- 17:00, 19:00 no Centro Sociocultural A Capela do Araño – 50 min, todos os públicos
Mércores 23 de decembro
- Victoria. Nostalxias do pasado – DIÁSPORA TEATRO
- 12:00 a 14:00 no Mercado (soportais da Praza Castelao) – 5 min, +12 anos
- Este espectáculo foi ilegal – SEISDEDOS MARIONETAS
- 12:00 a 14:00 no Mercado (soportais da Praza Castelao) – 5 min, adultos
- O baúl de Barriga Verde – TÍTERES CASCANUECES
- 18:00 no Centro Sociocultural A Capela do Araño – 50 min, todos os públicos
Sábado 26 de decembro
- O baúl de Barriga Verde – TÍTERES CASCANUECES
- 12:00 no CCD de Taragoña – 50 min, todos os públicos
- Conferencia: “Commedia dell’arte: artesanía teatral”
- 19:30 no Centro Sociocultural A Capela do Araño – +16 anos
Domingo 27 de decembro
- Teatro á feira – A COVA DAS LETRAS
- 12:00 no CCD de Taragoña – 50 min , todos os públicos
- Ratas! – INDIGNATI Asociación Galega de Commedia dell’Arte
- 18:00 no Auditorio de Rianxo – Sala “Arcos Moldes” – 50 min, todos os públicos
Luns 28 de decembro
- Os romeiros do caracol – FANTOCHES BAJ
- 18:00 no Auditorio de Rianxo – Sala “Arcos Moldes” – 50 min, +5 anos
- Mesa redonda: A innovación da Cachaporra. Novos xeitos para traballar a tradición
- 20:00 no Auditorio de Rianxo – Salón de actos – 90 min, adultos
Martes 29 de dembro
- O conto de Barriga Verde – FRAN REI
- 17:00, 19:00 no Centro Social da Atalaia – Asados – 50 min, +3 anos
Mércores 30 de dembro
- Victoria. Nostalxias do pasado – DIÁSPORA TEATRO
- 12:00 a 14:00 no Mercado (soportais da Praza Castelao) – 5 min, +12 anos
- Este espectáculo foi ilegal – SEISDEDOS MARIONETAS
- 12:00 a 14:00 no Mercado (soportais da Praza Castelao) – 5 min, adultos
- As varietés do Barriga Verde (GALICIA) – IRIA PINHEIRO + ÁUREAS
- 20:00 no Auditorio de Rianxo – Sala “Arcos Moldes” – 120 min, adultos
OBRADOIRO
- Iniciación á commedia dell’arte por Nando Llera
- Días 26, 27 de 10:00 a 14:00 no Centro Sociocultural A Capela do Araño – +16 anos
- Inscrición: info@barrigaverde.eu
- Prezo: 30€ (50% de desconto ás persoas dos grupos de teatro amador de Rianxo)
EXPOSICIÓNS
- Kinetiko – XIRAPAUS
- 22, 23, 26, 27 – 11:00 > 14:00 / 16:00 > 20:00
- Casa de Cultura Cuartel Vello (todos os públicos)
- Onde foi Barriga Verde? – MORREU O DEMO
- 22 e 23 nos horarios das actuacións
- Centro Sociocultural A Capela do Araño (todos os públicos)
- 28 > 30 – 09:00 > 14:00 + horarios actuacións
- Auditorio de Rianxo (todos os públicos)
- Barriga Verde e a arte dos Silvent – MORREU O DEMO
- 26 e 27 no horario das actuacións
- CCD de Taragoña (todos os públicos)
- 28 > 30 – 09:00 > 14:00 + horarios actuacións
- Auditorio de Rianxo Todos os públicos
RESERVA DE ENTRADAS
auditorio@concelloderianxo.gal
Telf: 664 183 217
Desde o 15 de decembro (ata completar capacidade)
09:00 > 13:30, días laborais
- Obrigatorio indicar estes datos para quen se solicita: nome completo, teléfono e se son conviventes.
- Priorizarase só un convivente adulto acompañando as crianzas.
- A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio.
