XIII Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO)
Este novo FITO, que cumprirá trece escintilantes edicións, é o resultado do compromiso coas artes escénicas e cos cidadáns de Ourense, un compromiso que se mantén aínda que veñan “mal dadas”. Este ano, o festival conta cun novo apoio no Concello de Barbadás e mantéñense os apoios tanto do Teatro Principal como da Excma Deputación de Ourense, a Axencia Galega de Industrias Culturais e a Universidade de Vigo.
Conscientes das limitacións, a organización busca máis ca nunca a excelencia e a eficacia na programación, pondo ao dispor da realización do Festival todos os recursos da compañía Sarabela Teatro. Procurouse facer unha escolla magnífica coa responsabilidade máxima, crendo firmemente no poder salvífico da cultura.
“O teatro sana e imos remar a favor.”
Programa FITO 2020
Mércores 14 de outubro
19’00 h. BARBADÁS. CEIP FILOMENA DATO
COMPAÑÍA: MONO HABITADO (PAÍS VASCO)
ESPECTÁCULO: Primatum, un tropezo na carrera espacial
Xoves 15 de outubro
19’00 – 20’00 – 21’00 h. BARBADÁS. CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA
COMPAÑÍA: MONO HABITADO (PAÍS VASCO)
ESPECTÁCULO: Benditas
20’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: LA QUINTANA EN COPRODUCIÓN CO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO (CDG) (GALICIA)
ESPECTÁCULO: O Premio .ESTREA!!.
Venres 16 de outubro
21’00 h. BARBADÁS. CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA
COMPAÑÍA: CÁMARA NEGRA (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Si esto es un hombre
19’00 h. CENTRO CULTURAL MARCOS VALCÁRCEL
INSCRICIÓNS: fitoourense@yahoo.es
COMPAÑÍA: TEATRO BAIXO A AREA (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Poeta en Nova York 2.0
Sábado 17 de outubro
20’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: ELEFANTE ELEGANTE (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Dreaming Juliet
21’00 h. BARBADÁS. CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA
COMPAÑÍA: VACABURRA (GALICIA)
ESPECTÁCULO: O raro é que bailar sexa raro
Domingo 18 de outubro
20’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: MATARILE (GALICIA)
ESPECTÁCULO: O Diaño na praia
Venres 23 de outubro
20’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: BUTACA ZERO (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Despois das ondas
Sábado 24 de outubro
20’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: BELOVA-IACOBELLI (CHILE/BÉLXICA)
ESPECTÁCULO: Chaika
Domingo 25 de outubro
5 PASES de 12’00 a 14’00 e de 16’30 A 19’30 h. BARBADÁS. CEIP FILOMENA DATO
COMPAÑÍA: ALAUDA (BURGOS)
ESPECTÁCULO: Ingenii machina
Información
Venda de billetes
No Teatro Principal dende o primeiro día do Festival, para todos os espectáculos programados nese espazo.
Horario do despacho de billetes
Teatro Principal (988 317 960): 2 horas antes do comezo do espectáculo.
Acceso aos espazos desde media hora antes do comezo da función.
Tarifas
Prezo dos billetes
- TEATRO PRINCIPAL: 8€. Estudantes, xubilados e persoas en situación de desemprego 5€
- CASA DA CULTURA DE BARBADÁS: GRATIS
- De balde os espectáculos e animacións de rúa.