Elefante Elegante

Correo electrónicoinfoelefanteelegante.net
Webhttp://elefanteelegante.net/
Compoñentes
  • María Torres
  • Gonçalo Guerreiro
Historia

O Elefante Elegante é unha compañía de teatro que crea espectáculos visuais baseados no xesto e no movemento tanto para público familiar como para público adulto.

As creacións do Elefante Elegante buscan a universalidade, xurdindo da fusión de diferentes linguaxes: o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais.

A compañía, de orixe galega-portuguesa, foi creada por María Torres e Gonçalo Guerreiro no ano 2000. Residiu os primeiros anos en Bélxica ata que se instalou en Galicia en 2007.

O Elefante Elegante comezou como un proxecto experimental. Del formaban parte actrices e actores de diferentes paises europeos. A súa interpretación baseábase no xogo corporal e na súa relación co espazo. Estes anos de experimentación foron fundamentais para establecer as bases do traballo actual da compañía.

O obxectivo principal continua a ser o de desenvolver unha linguaxe teatral propia que permita tratar as cuestións sociais, existenciais e ambientais que determinan a vivencia humana.

O rigor do traballo do Elefante Elegante foi recoñecido con varios premios María Casares.

Facebookhttps://www.facebook.com/elefante.elegante.5
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!