VII Festival Internacional de Poesía en Allariz (POEMAGOSTO 2020)

7º Festival Internacional de Poesía (POEMAGOSTO) en Allariz

Programa

VII Poemagosto – Festival Internacional de Poesía en Allariz celebrarase o sábado 10 de outubro, nunha única xornada e dividido en tres actos:

  • 12:00h – ACTO POÉTICO – MUSICAL coas lecturas de poesía dxs 8 poetas participantes e a actuación do grupo Son Trío.
  • 18:00h – ACTO POÉTICO – MUSICAL coas lecturas de poesía dxs 8 poetas participantes e a actuación do grupo Terra Morena.
  • 20:30h – CONCERTO con Xosé Luís Rivas ‘Mini’ e Trilitrate.

Poetas

  • Moncho Iglesias Míguez (Galiza)
  • Charo Lopes (Galiza)
  • Antón Reixa (Galiza)
  • Baldo Ramos (Galiza)
  • Andrea Nunes Brións (Galiza)
  • Sofía Castañón (Asturies)
  • Raquel Lima (Portugal)
  • Abdul Hadi Sadoun (Irak)

Localización

  • O lugar de celebración será este ano a explanada ó aire libre, no interior do recinto do Festival Internacional de Xardíns. En caso de choiva, será na parte cuberta do patio do Museo do Coiro. Será obrigatorio e inescusable o uso de máscara durante a celebración dos actos, así como permanecer no asento asignado. Non estará permitido fumar no recinto das actividades.
  • A capacidade de público para cada un dos actos será limitada (100 persoas), e para acceder será obrigatoria a reserva previa de praza para cada persoa.
  • Podedes FACER A RESERVA a través do formulario que atoparás na web, ou ben escribindo un correo-e a poemagosto@gmail.com indicando os seguintes datos obrigatorios:
    – Nome e apelidos.
    – Teléfono de contacto (por protocolo de rastrexabilidade)
    – Indicar claramente a cal ou cales dos tres actos se desexa asistir. Pregámosvos que reservedes unicamente para os actos ós que esteades segurxs que ides poder asistir.
  • A entrada ós actos é gratuíta, pero tendes a opción de reservardes a ENTRADA SOLIDARIA por 5€, que inclúe unha camiseta do Poemagosto (a recoller e pagar á entrada, no posto de libros; ata esgotar existencias). Podedes ver as cores e tallas que nos quedan nesta páxina web.
Tags:

Data

10 Out 2020
Caducado!

Hora

Todo o día

Etiquetas

Poetas

Localización

Allariz
Allariz
Categoría
X
Código QR

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!