XXXVI Festival Intercéltico do Morrazo
Os días 10 e 11 de outubro terá lugar o XXXVI Festival Intercéltico do Morrazo, organizado polo Concello de Moaña que contará nesta edición cos concertos de Tiruleque, Pepe Vaamonde e Leilía.
Como gran novidade, esta edición será emitida en directo en streaming aberto a través da canle de Facebook do Festival Intercéltico do Morrazo e da plataforma Tolemias.
O Festival celebrarase cumprindo todas as medidas sanitarias nunha carpa instalada no paseo marítimo de Moaña con aforamento para 300 persoas. As entradas poderanse adquirir de balde a partir do martes 6 na oficina de turismo de Moaña e as sobrantes a partir do xoves 8 por pasarela dixital, de todo isto vos manteremos informados.
Cartel: Diego Seixo
Sábado 10 de outubro
- 21:30h – Tiruleque
Domingo 11 de outubro
- 12:00h – Pepe Vaamonde
- 21:30h – Leilía