Tiruleque

Teléfono606 044 298
Correo electrónicocontratacionlayogurtera.es
Webhttps://tiruleque.wixsite.com/
Compoñentes
  • Antón Bueno - Contrabaixo
  • Álex Fente - Acordeón
  • Miguel Horjales - Caixa, percusións e coros
  • José A. Vázquez - Gaita, saxo e percusións
  • Serxo Núñez - Clarinete, gaita, percusións e voz
  • Luis García - Bombo con pratos, percusións e coros
  • Fer Román - Saxo, trompeta e ukelele
Historia

Tiruleque naceu como banda na Coruña en 2002, ano no que se reuniron cinco rapaces procedentes da música tradicional e cunhas inquedanzas musicais compartidas. A partir de entón, o proxecto musical iniciouse como quinteto tradicional que mesturou ás fontes da tradición da música galega -tanto a través de recollidas como recorrendo aos cancioneiros- con outras moitas influencias e procurando unha evolución que ao longo dos anos empurrou o grupo a incorporar distintos instrumentos cos que levar máis alá esa tradición. Dese xeito, o grupo conseguiu acadar maior expresión, maiores posibilidades e un son propio que se plasma nos discos autoproducidos Tiruleque (2009), Mu!! (2013) e agora Outro que tal baila (2018).

Co seu repertorio, actuaron nos principais festivais de música tradicional e folk de Galicia. TIRULEQUE leva percorrido a xeografía galega e estatal, deixando constancia da calidade os seus directos coa participación en festivais de recoñecido prestixio, como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Pardiñas ou Beltaine -Avilés Intercélticu. A nivel internacional participou representando a Galicia no 41º e 49º Festival Intercéltico de Lorient. Tamén ten compartido escenario con artistas da talla de Carlos Núñez, Milladoiro, Leilía, Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane, Uxía, Treixadura, Ardentía, Quempallou, A Roda ou Kepa Junkera, entre outros.

Tiruleque presenta en Febreiro de 2018 en “Outro que tal baila”, o seu terceiro traballo discográfico, un repertorio orientado á música de festa e de baile, explorando novas posibilidades partindo da música galega. O título do álbum significa unha auténtica declaración de intencións, xa que define perfectamente o espírito deste grupo que, disco tras disco, busca promover música bailable con pura raíz galega.

Facebookhttps://www.facebook.com/tiruleque/
YouTubehttps://www.youtube.com/user/tiruleque2002
Spotifyhttps://play.spotify.com/artist/3kwUK…lnJoo
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!