Pandeiretas e cantos de muller con raíces na vangarda.
| Persoa de contacto | Cultura Activa |
| Teléfono | 981 582 836 |
| Correo electrónico | infoculturactiva.org |
| Web | http://leilia.net/ |
| Compoñentes |
|
| Historia | Leilía nace no ano 89, da man de seis mulleres, que cunha aposta pioneira e atrevida, nos propuxemos recuperar do esquecemento a tradición oral galega. Ao son de pandereitas e voces, pronto agromaron os froitos, grazas á singularidade e beleza da música de raíz. É así como abrimos un camiño propio ao publicar a mediados dos 90 “Leilía” (Dismedic) composto exclusivamente por pezas tradicionais. Nesta mostra etnográfica as melodías evocan un tempo pasado, que a pesares de agonizar, resístese a esvaecer. Con esta publicación obtivemos un fondo recoñecemento de crítica e público, que descobre un xeito de expresión oral, ata daquela practicamente descoñecido na nosa sociedade. Unha vez sentados os cementos da nosa razón de ser, atrevémonos a dar un paso máis: achegar a música do pasado ao presente, por medio da incorporación de instrumentos e polifonías non tradicionais. Así nace “I é verdade i é mentira” (Virgin Records) (1998) baixo a produción musical de Nando Casal e Antón Seoane, membros de Milladoiro. Este novo paso permitiunos achegarnos a un novo público. Conquerindo así o noso obxectivo: dar continuidade ó pasado a través do presente. A tradición oral galega é xa parte da nosa música actual. |
| http://www.facebook.com/pages/Leil%C3…43325 | |
| Spotify | http://open.spotify.com/artist/1MgkZ7…T905G |