Pepe Vaamonde Grupo

Teléfono629 830 221
Correo electrónicoaviouga.slgmail.com
Webhttp://pepevaamondegrupo.com/
Compoñentes
  • Pepe Vaamonde - Gaitas e frautas
  • Xisco - Voz e percusión
  • Pipo Albariño - Guitarras
  • Jesús Vidal - Baixo
  • Miguel Anxo López "Chino" - Percusión
  • Miryam González - Acordeón

 

Historia

A banda de música folc galego Pepe Vaamonde Grupo leva máis de trece anos de vida e 200 concertos nos escenarios máis representativos de este estilo musical. O seu espectáculo é un proxecto artístico baseado nas creacións propias e nunha visión persoal da música do país, que se reflicte nun directo contundente e orixinal.

O grupo liderado polo compositor, gaiteiro e frautista Pepe Vaamonde, e o arranxista e guitarrista Pipo Alvariño, presentan o seu novo disco Nas Pedras do Lar. Novo proxecto musical que xunto co resto dos compoñentes da banda: Jesús Vidal (baixo), Miguel Anxo López (percusións) e Miryam González (acordeón) pretende expoñer un espectáculo baseado na forza e contundencia da música folc galega para o directo.

Despois dos tres traballos discográficos da banda: Aviouga, Onde Nace o Vento e Introterra, nace este novo disco gravado en directo nos impresionantes PKO Studios (Madrid), e que conta ademáis coas colaboracións de Javier Feijoó (voz), Brais Monxardín (piano), Germán Díaz (zanfona) e Pablo Dalama (saxo).

Disco de máis dunha hora de duración dividido en catorce cortes musicais de moi diversa índole estética, sendo o elemento natural que faltaba na súa discografía…o cuarto elemento … o lume…quen guía e fusiona a esencia da música tradicional galega de sempre con toda unha chea de novos sabores sonoros. O arrecendo da Terra fúndese na Pedra da Lareira, a través do Lume, con outros ingredientes provintes de moi diversos estilos musicais, creando un novo caldo de onde renace unha nova música con claro xeito a folc galego do século XXI.

Facebookhttp://www.facebook.com/pepe.grupo
YouTubehttps://www.youtube.com/channel/UC1RF…wkXbg
Vimeohttps://vimeo.com/user40377972
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!