Pinconús – Pisconús teatro
Un día calquera na estación de tren de Aquimesmo.
Unha billeteira que ven e que vai.
Un viaxeiro decidido a deixalo todo para chegar ao seu novo lugar de traballo.
As indecisións dun viaxeiro que non sabe moi ben a onde ir.
As estratexias dunha viaxeira que quere ser a única que colla o tren.
O humor e a música xúntanse na escena para xogar unha espera de absurdos encontros e desencontros.
Todo isto para chegar a ese lugar ao que todos queren ir, pero moi pouca xente se atreve, chamado PÍNCONÚS.
Elenco
- Ana Carreira
- Carlos Rebolo
- Marga Portomeñe
- Carlos Coira
Idiomas: Galego
Público: Tódolos públicos