A Quinta do Cuadrante

Correo electrónicoaquintadocuadrantegmail.com
Webhttps://www.aquintadocuadrante.com/galego
Compoñentes
  • Melania Cruz (actriz)
  • Tito Asorey (actor e director)
Historia

A Quinta Do Cuadrante é un novo proxecto dos creadores escénicos Melania Cruz e Tito Asorey. Tras ser cofundadores da compañía ilMaquinario Teatro e participar ambos os dous en numerosos proxectos con colectivos de todo o país, deciden no ano 2019 crear esta nova plataforma dende a que seguir experimentando, explorando, traballando e ideando espectáculos.

A Quinta Do Cuadrante nace como fogar teatral, como espazo de investigación, como lugar ao que retornar de outras experiencias que nos nutren.

A Quinta Do Cuadrante ten como obxectivo de idear espectáculos de diversos formatos nos que conflúan e dialoguen diferentes disciplinas artísticas. Un espazo aberto desde onde poder traballar con diferentes creadoras e creadores dun xeito que prime a horizontalidade e a confluencia.

O empapelado amarelo é o primeiro espectáculo desta nova compañía que nace en Galicia, cos pés pousados na nosa terra, consciente da nosa tradición teatral, agradecida de todas as experiencias anteriores, e coa vista posta nun futuro no que o teatro debe achegarse a un público contemporáneo con disciplina, escoita, paixón, rigor, experiencia e afán lúdico. 

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!