Avelina Pérez

Persoa de contactoAvelina Pérez
Webhttp://www.avelinaperez.com/
Compoñentes
  • Avelina Pérez
Historia
Diplomada en Educación social, formada en interpretación na Escola Santart e titulada en dirección de escena e dramaturxia na ESAD de Galicia.Despois de dedicarse profesionalmente, durante anos, á educación social en contextos de exclusión,  abandona radicalmente a súa profesión e centra o seu foco nas artes escénicas.​Os cans non comprenden a Kandinsky é a peza que abre o  seu novo proxecto artístico no que diversifica as propias producións, a escrita teatral e a impartición de obradoiros.
 
 
Acada varios premios en dramaturxia.Procurando a máxima liberdade nas creacións, fuxindo das etiquetas e da necesidade de paradigma definido, interesada pola palabra, cunha concepción teatral moi ligada ao terreal, ao social, na busca de converter o cotiá en extracotiá, e sempre transitando por un humor acedo e duro, concibe a escena como un lugar de encontro, un lugar no que a dignidade exista inda que estea camuflada, agochada, distorsionada, pero sempre presente.
Facebookhttps://www.facebook.com/avelinaperezteatro/
YouTubehttps://www.youtube.com/channel/UC7xn…cMFaw
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!