Avelina Pérez

A que non podes dicir cocacola? (II)

Data de estrea: 26/09/2020
Puntuación: 4.5/5 (1 valoracións)
Teatro

    A que non podes dicir cocacola? (II) - Avelina Pérez

    Presentación

    No 2011 estreaba A que non podes dicir cocacola?, unha peza arredor da capacidade de adaptación á violencia imperante.

    No 2020 , establezo un diálogo co traballo anterior co propósito da creación desta nova peza que atende á evolución social, así como ao meu propio cambio, vital e teatral – non pode ir separado – e que dá como resultado A que non podes dicir cocacola? (II); outra vez unha confrontación coa violencia e a capacidade de evasión que desemboca –con maior ou menor consciencia –na indiferenza.

    Neste caso a violencia toma a aparencia da desinfección, da hixiene, mais non falamos de lavar as mans por causa da COVID 19 senón desa asepsia mental e relacional, dese pensamento uniforme, dese paso pola vida coa corrección que de nós se espera… inda que esteamos a morrer.

    Unha ollada – outra vez – desde o absurdo, e un desexo implícito de turrar na vida con forza e de berrar algo máis que consignas aprendidas.

    Sinopse

    A QUE NON PODES DICIR COCACOLA?(II)
    é unha loita inútil e precisa
    un desexo de escribir grandes parágrafos nas paredes acabadas de pintar
    unha repetición de incertezas batendo nos puntos finais
    un querer e un poder
    un frasco de perfume que non recende
    un atentado contra a asepsia.

    Algo así é…
    Algo así…

    Ficha técnica/artística

    • Directora, dramaturga e actriz: AveLina Pérez
    • Música orixinal: Ramón Raíndo con la voz de Silvia Cerneira
    • Iluminación: Daniel Casquero
    • Asesoramento en iluminación: Teatro Ensalle
    • Invita a xogar: Mara
    • Gráfica: Nadina gráfica
    • Video promocional: Jesús Tejada
    • Colabora: Teatro Ensalle
    Duración: 65 minutos
    Idiomas: Galego
    Público: Adultos


    Próximas actuacións

    Non se atoparon eventos


    Mostrar actuacións pasadas

    Publicar unha valoración

    Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


    Deixa un comentario

    X

    Únete á Comunidade!

    Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!