| Historia | En setembro do ano 2018 a compañía cumpríu 18 anos de existencia. Alá foron dezaseis espectáculos do máis variado, tanto polo tipo de público como pola composición do elenco, desde os cinco actores e tres músicos que participaban en "Boas Noites" ata o monólogo de "A carreta pantasma". Con eles estivemos en programacións de Galicia, España, Portugal, Colombia, Corea e Canadá.
Polo medio, organizamos o Asteroide B-612, a primeira programación familiar estable en Galicia sen a cal, nin a compañía, nin o teatro infantil galego, serían hoxe o que son. O CDG encargounos “A Cabana de Baibaiga”, a adaptación dun conto ruso con moita, moita música.
Coincidindo coa súa maioría de idade a compañía prepara un xiro no seu modelo de creación, apostando por novos elencos, a atención a outro tipo de públicos e linguaxes e coa ollada posta na internacionalización. |