Berrobambán

Doppelgänger

Non se atoparon valoracións
Teatro

    Cabeceira Doppelgänger

    DOPPELGÄNGER: En alemán, “o dobre que camiña”.

    Ao meu lado sinto alguén que non son eu, pero que se me parece como unha sombra ou un reflexo. Mírame, xúlgame, quéreme, ódiame. Vivimos no mesmo país, pero temos ideas opostas. É o meu rival, o meu inimigo. Eu son o seu rival, o seu inimigo. Está no outro bando. Estou no outro bando. Quero destruílo e ao mesmo tempo necesítoo. É el ou eu. Ámbolos dous ou ningún. É a guerra. A Guerra Civil. É a miña conciencia. É a miña memoria. É o meu esquecemento. É a posibilidade ou non de vivir en paz comigo mesmo.

    Esta peza é unha coprodución entre as compañías Berrobambán de Galicia e Arca de N.O.E de Colombia co Centro Dramático Galego resultado dun proceso colaborativo estruturado en dúas fases.
    A primeira etapa de investigación e selección de materiais textuais e visuais desenvolveuse nos meses de agosto e setembro en Medellín e rematou cunha primeira presentación pública.

    O segundo ciclo de ensaios tivo lugar en Galicia entre decembro e xaneiro 2018. Nel introducimos as conclusións da observación da primeira fase e culminou coa estrea definitiva do espectáculo.

    Doppelgänger (MIKA)

    Teaser do espectáculo

    Público: Adultos


    Próximas actuacións

    Non se atoparon eventos

    Publicar unha valoración

    Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


    Deixa un comentario

    X

    Únete á Comunidade!

    Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!