ButacaZero é a plataforma creativa posta en marcha por Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira. Con 32m2, o tándem aséntase como referente do teatro contemporáneo no panorama escénico galego pola súa capacidade á hora de dialogar co mundo actual. A investigación e a reflexión dende un ollar crítico e irónico son as claves que definen as súas propostas que se concretan en dramaturxias feitas á medida, nas que a tradición teatral se mestura coas posibilidades que ofrece o audiovisual en escena.
Despois das ondas
Despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soidade, do amor; despois de corenta anos, María Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira teatral.
A nena medrou para converterse na gran actriz da escena e do cinema francés, no símbolo da España refuxiada, no recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado. Será precisamente nesa néboa onde a gran Casares deberá perderse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que resoan na súa memoria axudarana a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María?
Nesta peza mesturando cine en directo, teatro e música poderemos percorrer os lugares e momentos da vida de María Casares na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.
EN ESCENA: Belén Constenla, Nerea Brey, Sonsoles Cordón, Roi Fernández, Beatriz de Vega e Ernesto Is.
ESPACIO ESCENICO: Xavier Castiñeira e Beatriz de Vega
TALLER E CONSTRUCCIÓN: José Faro “Coti”
VESTIARIO: Carlos Pinilla
ILUMINACIÓN: Javier Quintana
CINEMA EN DIRECTO: Roi Fernández (Sr. Pausa Cinescapismo)
DRAMATURXIA: Ernesto Is
GUIÓN ADAPTADO: Xavier Castiñeira e Ernesto Is
DESEÑO GRÁFICO: Esmera Marketing Dixital e Alltogether Desing
PRODUCCIÓN: Esther F. Carrodeguas
AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Ernesto Is
DIRECCIÓN : Xavier Castiñeira
Publicar unha valoración
Debes iniciar sesión para enviar valoracións.