Colectivo Glovo

EM·NA

Data de estrea: 26/03/2021
Non se atoparon valoracións
Danza
EM·NA - Colectivo Glovo

Presentación

A peza EM·NA baséase na idea da vibración coma elemento manipulador. É unha investigación sobre a “acústica subcutánea” a través da vibración e do silencio resultante no corpo do outro.

A relación entre os intérpretes pasa por diferentes estados: comprimindo, estirando, cambiando o ritmo da súa propia vibración, e todo isto partindo da súa fisicalidade individual.

A composición escénica dos corpos mostra os diferentes estados e espazos dunha mesma vibración a través dunha fisicalidade contemporánea, espida, crúa e cotidiana.

A forte presenza do mundo e espíritu xaponés crea unha estética chea de detalles significativos e contundentes.

A duración de cada movemento e acción case parece a dun pensamento, propósito ou reflexión. A peza busca entretexer a orde, o caos, a pasividade e o eco da mente proxectado no corpo cambiante.

Un “momentum” sobre o tan chea e desbordada que está a mente humana e a necesidade do silencio.

EM·NA profundiza na nosa realidade animal, instintiva e intuitiva.

EM·NA fala do que o corpo entende. Auto-piratería.

Corpo sensible
Corpo casa
Corpo enigma
Corpo social
Corpo habitado

Sinopse

“Onde comeza o noso toque, estamos.
Estou
Estás
Estamos?
É unha ocupación da realidade, unha conquista.
Procura os rostros coñecidos.
Titubeas carente de roce e aceptas, en ocasións sen suceso.
O corpo habitado.
O corpo enigma.”

Ficha técnica/artística

  • Creación e interpretación: Esther Latorre e Hugo Pereira
  • Espazo sonoro: BABYKATZE
  • Deseño iluminación: Pedro Fresneda
  • Vestiario: Jandro Villa
  • Deseño de imaxe: Marcia Vázquez
  • Vídeo: Adrián González e Dani Rodríguez
  • Fotografía: Chus Varela

Apoio en xestión: Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea
Axuda á creación: Agadic · Xacobeo 21 · Xunta de Galicia
Co apoio de: Teatro Ensalle, Galicia Danza Contemporánea, INAEM · Ministerio de Cultura · Gobierno de España, Concello Lugo
Colabora: Escola Palimoco

Público: Tódolos públicos


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos


Mostrar actuacións pasadas

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!