Contraproducións

A compañeira de piso

Data de estrea: 28/02/2019
Non se atoparon valoracións
Teatro

    A compañeira de piso - Contraproducións

    Presentación

    Dende o seu paso polo Humana Festival (Louisville, Kentucky) en 2015, a obra A compañeira de piso (The Roommate), de Jen Silverman, leva sendo representada con éxito por varias compañías nos Estados Unidos ata o día de hoxe. Destacada pola crítica americana como unha mestura de “Thelma & Louise”, “A estraña parella” e “Breaking Bad”, Contraproducións presenta a primeira adaptación fóra dos escenarios norteamericanos en co-produción co Centro Dramático Galego.

    Sinopse

    Sharon (Patricia Vázquez), unha ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, publica un anuncio para compartir a súa casa no corazón do rural de Iowa. Sharon procura alguén coma ela, unha compañeira, se cadra, unha amiga. A chegada de Robyn (Rebeca Montero) para ocupar o cuarto deixa a Sharon de pedra xa que non podían ser máis diferentes: lesbiana, vegana, chegada do Bronx… Pero lonxe de arredarse, Sharon comeza a experimentar co estraño (e prohibido) xeito de vida de Robyn sen saber que a súa inquilina procura un refuxio no que agocharse e cambiar de vida. Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.

    Ficha técnica/artística

    • Intérpretes:  Patricia Vázquez e Rebeca Montero – Coa colaboración na voz en off de Xose Barato como fillo de Sharon
    • Texto orixinal: Jen Silverman
    • Adaptación: Lilian Portela
    • Iluminación: Afonso Castro
    • Escenografía: Carlos Alonso
    • Vestiario: Belén Pichel
    • Maquillaxe: Rebeca Montero
    • Música orixinal: Guillerme Fernández
    • Ilustración e deseño gráfico: Lúa Gándara
    • Realización vídeo: MM fineart&love
    • Axudante de dirección e Produción executiva: Lilian Portela
    • Dirección de produción: Belén Pichel
    • Dirección: Belén Pichel e Candido Pazó
    • Fotos: Cristina Astorgano (La Escena Iluminada)

     

    Idiomas: Galego
    Público: Tódolos públicos


    Próximas actuacións

    Non se atoparon eventos


    Mostrar actuacións pasadas

    Publicar unha valoración

    Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


    Deixa un comentario

    X

    Únete á Comunidade!

    Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!