O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés é unha entidade dedicada á recuperación, investigación, conservación e difusión do folclore de raíz.
Áreas de actuación | A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Fóra de Galiza |
Persoa de contacto | Diego Docabo Martínez |
Teléfono | 886116033 |
Correo electrónico | traspestraspes.com |
Web | http://www.traspes.com |
Historia | O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés fundouse a finais do ano 2009 en Vigo por un grupo de amigos, todos eles cunha importante traxectoria no eido do folclore tradicional. Unidos non só pola amizade senón por compartir as mesmas inquedanzas, todas elas baseadas na investigación, recuperación e conservación das nosas tradicións, comezaron con este interesante proxecto. A vontade da entidade é a de promover e realizar actividades culturais vinculadas coa tradición galega tratando de adaptalas ás novas tecnoloxías e á nova realidade sociocultural. O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés ten como misión fundamental a recuperación, investigación, conservación e difusión do folclore tradicional galego. Nesta tarefa búscase a maior pureza e semellanza coa realidade e pretende ser unha ferramenta de transmisión da arte popular de Galicia. Para levar a cabo tal fin, realízanse espectáculos de grande magnitude que se representan tanto na nosa comunidade, Estado, así como no estranxeiro, a través dos festivais internacionais onde participa. O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés está formado por catro seccións:
|
https://www.facebook.com/trasp%C3%A8s…8538/ | |
https://twitter.com/trasps1 | |
https://www.instagram.com/traspess | |
YouTube | https://www.youtube.com/channel/UClpT…ZWgQ/ |