Ibuprofeno Teatro

Correo electrónicoibuprofenoteatroibuprofenoteatro.com
Webhttp://www.ibuprofenoteatro.com/
Compoñentes

Santiago Cortegoso e Marián Bañobre

Historia

Santiago Cortegoso e Marián Bañobre fundamos en 2010 Ibuprofeno Teatro para sacar adiante proxectos de xeito independente. Despois de catro espectáculos de pequeno formato ('A filla de Woody Allen', 'Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios', 'Fitness' e 'O Furancho'), en 2016 demos o salto asumindo producións de maior envergadura con ‘Raclette’ (Premio Teatro Autor Exprés e Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais), que foi finalista á mellor autoría e dirección nos Premios Max.

Coa nosa última produción, ‘Casa O’Rei’, continuamos na procura dunha linguaxe persoal para falar dos temas clave que afectan ao ser humano contemporáneo. Perseguimos o rigor na dramaturxia e integramos a escrita dramática no proceso de creación e posta en escena. Os nosos personaxes buscan a súa identidade nun contexto global e complexo que non poden controlar. O absurdo e un humor acedo e sarcástico son os nosos lugares comúns.

Participamos en mostras e festivais como a de Autores Contemporáneos de Alicante, Feira de Ciudad Rodrigo, Umore Azoka de Leioa, Festival de MIM de Sueca, Certame de Teatro Garnacha de Haro, etc. Ademais da produción de obras teatrais organizamos actividades de promoción cultural e impartimos obradoiros de creación escénica, clown e escrita dramática. 

Facebookhttps://www.facebook.com/IbuprofenoTeatro
Instagramhttps://www.instagram.com/ibuprofenoteatro/
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!