Ítaca Teatro

Cinco minutos sen respirar, de Gustavo Ott

Data de estrea: 15/12/2018
Non se atoparon valoracións
Teatro

    Cinco minutos sen respirar, de Gustavo Ott - Ítaca Teatro

    Presentación

    Trátase dunha adaptación da obra homónima do dramaturgo contemporáneo venezolano Gustavo Ott, que profundiza na necesidade humana de imaxinar ficcións para fuxir da realidade.

    Cinco minutos sen respirar retrata os anhelos, o medo e a oscuridade que pode albergar unha persoa a través de dúas personaxes: Margarita, unha (ex)empleada de banca, e Víctor, supervisor nun supermercado.

    A montaxe é unha proposta baseada no traballo de interpretación e cunha dirección escénica que incide nos delirios e as dualidades propias do mundo de hoxe.

    Cinco minutos sin respirar, fala sobre a vida, os abusos bancarios, o amor, a explotación laboral, o suicidio, a familia, a violencia… y de tantas outras cosas, que no poden ser resumidas en cinco minutos.

    Sinopse

    Margarita acaban de despedila do seu traballo no banco e refuxiase nun supermercado, non so preocupada polo seu despido, se non tamén fuxindo dunha relación tormentosa que iremos coñecendo pouco a pouco entre decenas de citas literarias.

    Víctor é supervisor do supermercado e coñeceu a Margarita recentemente como usuario do banco. Ambas personaxes sumérxense nunha conversa sobre as súas vidas, os seus desexos e os seus medos, mentres parecen permanecer atrapados na tenda.

    Ficha técnica/artística

    • Dirección: Carlos Neira
    • Elenco: Elea López e Carlos Rebolo
    • Tradución e Adaptación: Rubén Pérez Pombo
    • Iluminación, Fotografía e Son: Juan Rivas
    • Música Orixinal e Espazo Sonoro: David Alonso Garzón
    • Voz en Off: Rosalía Fernández Rial
    • Deseño Gráfico: La Cosa Gráfica
    • Escenografía, Vestiario e Atrezzo: Diego Valeiras
    Idiomas: Galego, Castelán
    Público: Tódolos públicos


    Próximas actuacións

    Non se atoparon eventos


    Mostrar actuacións pasadas

    Publicar unha valoración

    Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


    Deixa un comentario

    X

    Únete á Comunidade!

    Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!