Larraitz Urruzola Producións Artísticas

Áreas de actuaciónA Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Fóra de Galiza
Persoa de contactoLarraitz Urruzola
Teléfono636379930
Correo electrónicoinfolarraitzurruzola.com
Webhttps://www.larraitzurruzola.com/
Historia

Titiriteira, actriz, contadora e produtora de artes escénicas dende 1989, con facilidade de conexión e comunicación co público, versatilidade estética e variada tipoloxía da voz á hora de proxectar as personaxes.

Actualmente teño compañía propia, Larraitz Urruzola Producións Artísticas,  con montaxes tan aclamadas como Dona Barriga Verde, A Viaxe de Rosalía ou O Crebanoces e unha colección de espectáculos de narración oral. Ademáis dende 2019, son membro da Asociación Cultural Morreu o Demo e responsable da producción do Festival de Títeres populares TITIRIBERIA.

Levo un longo percorrido profesional por varias compañías de teatro infantil e de monicreques de Galicia: Cachirulo, Ürgu e Bluff-Teatro do Liló, Buratini, Babaluva, Quinquilláns, Fantoches Baj e Os Monicreques de Kukas.

Domino varias técnicas de manipulación de monicreques tanto para artes escénicas como para o formato audiovisual: Manipulación de obxectos, Variña, sombras, guiñol, marionetas de fío, luz negra, monicreques de luva e mesa, bunraku, xigantes,…

http://aaag.gal/catalogo/larraitz-urruzola

Facebookhttps://www.facebook.com/Larraitz-10730217415…
Instagramhttps://www.instagram.com/larraitzurruzola/
YouTubehttps://www.youtube.com/feed/my_videos
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!