Matrioshka Teatro

Teléfono654598430
Correo electrónicomatrioshkateatrogmail.com
Webhttps://matrioshkateatro.com/
Compoñentes
  • Anabell Gago
  • Chelo do Rejo
  • Lorena Conde
HistoriaMatrioshka Teatro nace a lume lento, da man de 3 mulleres: Anabell Gago, Chelo do Rejo e Lorena Conde. Procuramos facer un teatro de creación, poñer en escena o que a nós nos gustaría ver. Matrioshka Teatro somos de onde vimos, alimentámonos do legado das xeracións que foron antes. Repousamos o vivido e tratamos de compartir coas que están e coas que virán. Somos teatro de partillar e coidar. Mulleres que apertan, mulleres que acubillan e que fomos acubilladas por outras. Apostamos por camiños intermedios, por linguaxes misturadas que transiten neses lugares de intersección. Recollida e cruzamento entre o teatro máis clásico e o contemporáneo. Cremos nun teatro onde as intérpretes estean no centro da creación, apostamos polas dramaturxias a pé de escena, sen deixar de lado unha estética coidada, a frescura e a naturalidade nun diálogo aberto sempre co público.
Facebookhttps://www.facebook.com/pages/catego…3516/
Twitterhttps://twitter.com/matrioshkateatr
Instagramhttps://www.instagram.com/matrioshkateatro/
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!