Matrioshka Teatro

Comando Comadres

Data de estrea: 31/10/2021
Non se atoparon valoracións
Teatro
Comando Comadres - Matrioshka Teatro

Presentación

A través do humor un grupo de Artivistas organizadas por Comandos ataca as múltiples manifestacións da violencia sexista, e cuestiona a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual.

A peza está composta por cinco comandos de temáticas diferentes cunha duración de entre 10 e 15 minutos cada un que poderán representarse individualmente en espazos alternativos ou en conxunto nun teatro convencional.

Sinopse

Espectáculo en clave de humor para público adolescente e adulto no que un grupo de artivistas organizadas en diferentes comandos poñen en evidencia as múltiples manifestacións da violencia patriarcal e cuestionan a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual e na xestión dexenerativa dos recursos naturais.

Os Comandos establécense como pequenas unidades artivistas preparadas para as encomendas máis perigosas: levar a cabo incursións no territorio inimigo para poñer luz sobre a inxustiza e volver airosas da misión. Son células combatentes de estratexias impredecibles e irreverentes que van creando unha rede de Comandos Comadres a nivel mundial centrada na importancia da igualdade de dereitos e deberes sociais entre ambos xéneros tanto no ámbito público coma no privado, dos coidados dos ecosistemas sanos e equilibrados, así coma dos afectos cos que crear lazos de sororidade e empatía, e coa que rendemos homenaxe a todas as heroínas de a diario, as señoras silenciadas, perseguidas, queimadas, torturadas, ós saberes invisibilizados e á historia oculta do noso pasado.

Ficha técnica/artística

  • Intérpretes: Chelo do Rejo, María Ángeles Iglesias e Anabell Gago
  • Dirección e dramaturxia: Gena Baamonde
  • Asistencia movemento escénico: Andrea Quintana
  • Texto Orixinal: Gena Baamonde, María Ángeles Iglesias e Matrioshka Teatro (Chelo do Rejo, Anabell Gago, Lorena Conde)
  • Manifesto Comando Mazá: Ana Cabaleiro
  • Música orixinal: Mónica de Nut
  • Deseño de vestiario: Gena Baamonde
  • Xastrería: Beti de Chimpos S.L.
  • Deseño espazo escénico e atrezzo: Gena Baamonde
  • Deseño de iluminación e dirección técnica: Octavio Mas
  • Deseño de Caracterización: Trini F. Silva
  • Fotografía: Inés Salvado
  • Deseño Cartaz: Lorena Conde
  • Deseño gráfico: Alba Aller (O Copión)
  • Comunicación: Belén Brandido
  • Deseño web e RRSS: Terrum Social
  • Carpintería: Angel Otero
  • Produción: Matrioshka Teatro e Artefeito Produccións S.C.G.
  • Distribución: Matrioshka Teatro

 

Idiomas: Galego
Público: Mocidade


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos


Mostrar actuacións pasadas

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!