Teatro para bebés, nenos e nenas, obradoiros en escolas e concellos, contacontos… Tí tes a idea e os gustos, nos facémolas realidade.
Lixo
“Lixo” está creado a partir de material plástico reciclado como bolsas de lixo, cubertas e esqueletos de tendas de campaña… co que facer escenografías para o xogo a partir de obxectos que poderían ser simples desperdicios.
Mergullarémonos nun mundo de plásticos, luces, sonoridade e movemento.
As dúas protagonistas, unhas bailadeiras moi peculiares, vivirán unha aventura na que teñen que “crear cultura a partir da varredura”.
Comunícanse con pareados, móvense con pasos de ballet inventados por elas mesmas e axúdanse das luces para crear diferentes atmosferas ó longo do espectáculo, dando así ritmo e rima á obra.
Publicar unha valoración
Debes iniciar sesión para enviar valoracións.