Os Naufragos Teatro

Correo electrónicoosnaufragosteatrogmail.com
Webhttps://www.osnaufragosteatro.com/
Historia

Os Náufragos teatro é unha compañía galega formada por profesionais galegos das artes escénicas que, logo de moitos anos lonxe da terra, deciden regresar a Galicia cun novo proxecto de teatro social e con ilusións renovadas.


Os Náufragos teatro quere achegarse a un amplo espectro de público con pezas vertebradas arredor do labor do actor/actriz no proceso creativo e centradas na busca de novas linguaxes, sempre próximas ao espectador e á actualidade.


Entendemos o teatro desde o encontro e o diálogo co propio equipo artístico e apostamos con forza polos creadores e creadoras galegas.


Os Náufragos teatro nace, en definitiva, con raíces fortes, cunha traxectoria consolidada dos seus integrantes e cunha vocación de proximidade co noso público.


Espectáculos en cartel:

  • CASTRAPO
  • COMENOITES
  • ONDE VIVEN OS MONSTROS
Facebookhttps://www.facebook.com/pg/naufragosteatro
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!