Os Naufragos Teatro

Onde viven os monstros

Data de estrea: 15/04/2020
Non se atoparon valoracións
Teatro
Onde viven os monstros

Onde viven os monstros baséase na obra homónima de Maurice Sendak, escritor estadounidense de orixe polaca. Un fiel retrato da infancia: Unha peza inspirada no clásico da literatura infantil, considerado o álbum ilustrado perfecto, que mestura fantasía e realidade por igual, trazando un fiel retrato da infancia.

O pequeño Max pasa o día facendo trasnadas. A súa nai, cansa desta situación, decide castigalo. Enfadado, Max viaxará ao marabilloso mundo onde viven os monstros, no que vivirá aventuras extraordinarias até converterse en rei. Unha tarefa máis difícil do que el pensaba.

Onde viven os monstros é un clásico vixente hoxe en día que plasma con grande expresividade os temores e desexos da nosa máis tenra infancia: os monstros que nos asexan, os nosos incomprendidos enfados, o medo ao abandono e a que os nosos pais deixen de querernos.

Elenco: Gustavo de Río e Victoria Teijeiro

Público: Familiar


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos


Mostrar actuacións pasadas

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!