Sarabela Teatro

Celebración. A Gran Noite

Data de estrea: 20/09/2018
Non se atoparon valoracións
Teatro


Nesta celebración vai pasar algo importante, ten que pasar algo moi importante, porque está anunciado por terra, mar e aire, porque asalta os nosos ollos e os nosos oídos, porque chegar a ese cóctel é entrar no mundo do luxo, e o luxo non é unha cuestión de cartos, é unha cuestión de gusto, de saber estar, de saber ser… persoa.

Hai que estar na fotografía do evento, onde están todas aquelas persoas que merecen a pena. E así, unha multitude de invitados e de non invitados achéganse ás portas do macroespazo onde ten lugar o evento, a celebración, o gran cóctel.

Esquecer as miserias cotiás por estar aí un momento, por sentirse convidado na gran festa.
Así pois, que deben facer agora? Agradecer que as tiveran deixado entrar ou reivindicar o seu dereito a participar na celebración. Se cadra chegoulles o momento de loitar, de ocupar a cabeceira da mesa.

 

Ficha técnica/artística

  • Dramaturxia: FERNANDO DACOSTA
  • Dirección: DANI SALGADO
  • Elenco: ELENA SEIJO, FERNANDO DACOSTA, FINA CALLEJA, SABELA GAGO, NATE BORRAJO
  • Deseño de escenografía: JOSÉ FARO
  • Deseño de iluminación: BALTASAR PATIÑO
  • Deseño de vestiario: RUTH D. PEREIRA
  • Maquillaxe ecaracterización: RAQUEL F. FIDALGO
  • Deseño gráfico: EXPRESIVA
  • Espazo sonoro: RENNATA CODDA FONS
  • Gravación e DVD: ALBA V. CARPENTIER
  • Distribución: FINA CALLEJA/ MARÍACASAR
  • Produción artística e económica: CARLOS DOMÍNGUEZ DEL RÍO
  • Técnicos en escena: RUBÉN DOBAÑO, JOSÉ M. BAYÓN

Idiomas: Galego
Público: Tódolos públicos


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos


Mostrar actuacións pasadas

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!