Señora Supina

Cinco mulleres que comen tortilla

Data de estrea: 05/04/2018
Non se atoparon valoracións
Teatro
Cinco mulleres que comen tortilla - Señora Supina

Presentación

Cinco mulleres que comen tortilla é unha comedia delirante e enxenosa que transporta ao espectador á América dos anos 50 grazas ao humor e unha coidada posta en escena totalmente inmersiva. Un bunker esmeradamente decorado no que se integra ao público dede que entran pola porta asignándolles un nome. Cada un dos espectadores é unha máis das irmás, unha máis das viúvas convidadas ao concurso de tortillas da Susan B. Anthony

Sinopse

Ano 1956, América. A Sociedade de Susan B. Anthony das Irmás de Gertrude Stein celebra o seu tradicional Concurso Anual de Tortillas. Este idílico encontro, no que renderán culto a un dos produtos máis marabillosos do mundo, o ovo, vese truncado cando as mulleres teñen que enfrontarse á caída dunha bomba atómica na súa localidade. Son as últimas superviventes e o medo trae confesións e historias do pasado que farán que cada vez se reafirmen máis na idea de que a tortilla é o máis importante que teñen nas súas vidas.

Cinco mulleres que comen tortilla é unha comedia delirante e enxeñosa que transporta ao espectador á América dos anos 50 grazas ao humor e a unha coidada posta en escena totalmente inmersiva. Un búnker esmeradamente decorado no que se integra ao público desde que entra pola porta, asignándolle a cada persoa un nome. Cada un dos espectadores é unha máis das irmás, unha máis das viúvas convidadas ao concurso de tortillas de Susan B. Anthony.

A liberdade, a relixión, o feminismo, as moralidades e o medo ao descoñecido son os motores desta exitosa comedia internacional que foi estreada en Chicago antes de formar parte do New York Fringe, converténdose nun éxito absoluto do Off-Broadway e atrapando a milleiros de espectadores de Estados Unidos dende entón. Son moitos os países que acolleron a esta irmandade, acadando enorme éxito en Reino Unido, Australia e, en España, coa versión en castelán.

Ficha técnica/artística

  • AUTORES: E. Linder e A. Hodgoob
  • DIRECCIÓN: Javier Lojo
  • REPARTO: Nola Drake, Raquel Ferraz, Alba Outeda, Gabi Modesto e Raquel Crespo
  • ESPAZO ESCÉNICO E ILUMINACIÓN: Vanesa Regengo
  • DESEÑO GRÁFICO: La Ceja – Agencia de comunicación
  • ASESORIA COREOGRÁFICA: Beba Galloso

 

Duración: 80 minutos
Idiomas: Galego
Público: Adultos (16+)


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos


Mostrar actuacións pasadas

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!