Tanxugueiras

Correo electrónicocontratacionplayplan.es
Webhttps://tanxugueiras.com/
Compoñentes
  • Sabela Maneiro,
  • Olaia Maneiro
  • Aída Tarrío
Historia

Tanxugueiras incrementa as revolucións do folk galego. Co seu disco de debut, un repertorio escollido para amosar a esencia da tradición, Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío chegaron a máis de 100 escenarios dentro e fóra das nosas fronteiras. Unha aposta sen corsés enchida de virtuosismo e contundencia que continúa no seu segundo traballo, Contrapunto. Un disco que incide na recuperación da tradición das pandeireteiras e a integran con harmonías de diferentes estilos e situar á música galega en novos escenarios. Tanxugueiras son renovación, reinterpretación e revolución para a tradición musical de Galicia.

 

 

Recoñecementos:

  • Mellor álbum galego do 2018 – Premios MIN de la Música Independiente
  • Música tradicional e folk – Premios Martín Códax da Música
  • Mellores músicas de Galiza 2019 por “Que non mo neguen” – Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal

Discografía:

  • Contrapunto (2019, PlayPlan | Calaverita Records)
  • Tanxugueiras (2018, Seispés Producións Creativas)
Facebookhttps://www.facebook.com/Tanxugueiras
Instagramhttps://www.instagram.com/tanxugueiras/
YouTubehttps://www.youtube.com/tanxugueiras
Spotifyhttps://open.spotify.com/artist/1iHb5…7FR6A
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!