Tanxugueiras

Xira Contrapunto

Data de estrea: 30/11/2019
Non se atoparon valoracións
MúsicaFolclore


A vida ten dúas caras. Ten momentos contrapostos, que saben ás veces doce e ás veces amargo. Unha dualidade inevitable que equilibran con tento e delicadeza, con forza e carácter, as Tanxugueiras. Sangue novo para revitalizar e actualizar a tradición da música oral do país, unha formación que no seu segundo disco consegue dar unha nova vida e un novo significado as coplas que se cantan dende antigo en Galicia. Contrapunto é un disco de dez temas siameses, cinco caras e cinco cruces de diferentes momentos da vida narrados a través das letras que as pandeireteiras mantiveron vivas ata hoxe. Palabras con pasado para describir o presente a través de voces destas tres mozas e de sonoridades de diferentes estilos. Unha proposta que expande as posibilidades da música tradicional e a sitúa a base de forza e empoderamento nos mesmos escenarios que estilos como o pop ou o indie.

O seu segundo traballo, que leva por título Contrapunto, publicouse en novembro de 2019, da man de Calaverita Records e PlayPlan, coa colaboración da Agadic (Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia)» e Xacobeo 2021.

Idiomas: Galego
Público: Tódolos públicos


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos


Mostrar actuacións pasadas

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!