Teatro da Ramboia

O Meu Mundo non é deste Reino

Data de estrea: 07/11/2019
Non se atoparon valoracións
Teatro

    O Meu Mundo non é deste Reino - Teatro da Ramboia

    Introdución

    O Meu Mundo non é deste Reino é unha adaptación da Farsa de Buluú de Manuel María realizada e dirixida por María Peinado para Teatro da Ramboia. Resultou gañadora do I CERTAME MANUEL MARÍA DE PROXECTOS TEATRAIS. Conta ademáis co Premio MARIA CASARES a MELLOR DIRECCIÓN e o PREMIO MARÍA CASARES a MELLOR ADAPTACIÓN de 2020, os dous para María Peinado.

    Sinopse

    Uns feirantes chegan ao que chaman fogar logo dun día de traballo. Son Camilo e Tomás, dous titiriteiros que levan o mesmo espectáculo unha e outra vez polas vilas do país. Carretan ás costas un enorme “tutilimundi”. A disxuntiva de abrilo convérteo nunha caixa de pandora latente.  

    Contar e dar vida ao que contén, supón a única vía de escape dos totalitarismos que os oprimen. Un xeito de sobrevivir nun reino militarizado sen trazas de lóxica humanística. Nun contexto ao que non pertencen, nun reino que non é do seu mundo.

    Ábreno. As marionetas emerxen da farsa como alegorías incontrolables e esperpénticas dunha realidade pasada. A comedia ábrese paso como xerme de cambio nun xogo continuado entre o micro e macro teatro.  Ata que todo remata. Desbórdase.

    Neste Reino a inxustiza tínguese de vivas cores querendo despistar ao senso común, ao oprimido. E que ocorre co resto? Cos que lle rodean? Esvaecen nun fondo descolorido.

    O MEU MUNDO NON É DESTE REINO, é unha adaptación da “Farsa de Bululú” de Manuel María, unha parodia da ditadura franquista. A recuperación do título orixinal da obra serve para proxectar este laio silenciado no seu día. Hoxe, encabeza o espectáculo de novo para facer fronte a un pasado que insiste en repetirse.

    Ficha técnica/artística

    • Elenco: Anxo García e Fran Lareu
    • Deseño escenografía, marionetas e vestiario: María Peinado
    • Deseño iluminación: Germán Gundín
    • Realización escenografía: Armindo Salgueiro e Anxo García
    • Apoio escenografía: Luís Iglesias “Luchi”
    • Construción marionetas: Anxo García
    • Realización vestiario: Nidia Rodríguez Romero
    • Espazo sonoro: María Peinado
    • Deseño gráfico: Fran Lareu
    • Fotografía e vídeo: Sabela Peinado
    • Fotografía e vídeo espectáculo: No Majors
    • Técnico de escena: Dani Pais
    • Cover técnico: Roi López Blanco
    • Produción: Anxo García
    • Produción executiva e distribución: Fran Lareu
    • Dramaturxia e dirección: María Peinado
    Duración: 85 minutos
    Idiomas: Galego, Castelán
    Público: Adultos (12+)


    Próximas actuacións

    Non se atoparon eventos


    Mostrar actuacións pasadas

    Publicar unha valoración

    Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


    Deixa un comentario

    X

    Únete á Comunidade!

    Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!