Teatro do Noroeste

Gloria Nacional

Data de estrea: 14/05/2021
Non se atoparon valoracións
Teatro

    Gloria Nacional - Teatro do Noroeste

    Sinopse

    Uxio Rodas, escultor e pintor duns 60 anos, é considerado polos seus contemporáneos unha auténtica gloria nacional. As súas esculturas están nos mellores museos internacionais e ten sobre as súas costas unha longa e importante carreira de creador honesto e impoñente, con exposición e grandes ventas en todos os países do mundo.

    Agora, o atopamos no seu estudio, construído nunha antiga granxa de vacas, apartado da civilización, tentando concentrarse no seu traballo máis importante. Efectivamente, o goberno do seu país, ao través do seu presidente, antigo camarada de Uxio agora convertido en moderado, acaba de encargarlle unha escultura monumental que se colocará na praza principal da capital, remodelada para tal fin.

    Pasa, ás veces, polo estudio de Uxio para facer a limpeza do lugar e deixar algo de comida preparada, Carmiña Facal. Carmiña é unha muller duns 65 anos, que vive e viviu sempre na aldea máis próxima ao estudio e que atende a Uxio desde hai moitos anos. Coñéceo en todas as súas facetas, cando comezou a ter éxito, cando viña soamente por temporadas e cando, pasados os anos practicamente instalouse de seguido no estudio, sen apenas saír del, nin sequera para asistir ás inauguracións das súas exposicións con máis éxito.

    Marivel Álvarez-Prieto, a ministra de cultura, é unha universitaria brillante de trinta e moitos anos, elegante e espelida, filla, a súa vez, dun camarada común ao escultor e ao presidente, que compartiron, os tres, as loitas estudantís das súas, xa fai moitas décadas, batallas políticas na universidade.

    O encontro das tres mentalidades, a de Uxio, na crise existencial de non retorno, a de Marivel, a xuventude executiva da nova realidade, e a de Carmiña, a sabedoría popular xeran, nesta obra, unha comedia de profundo contido social.

    Ficha técnica/artística

    • Dramaturxia e dirección: Eduardo Alonso
    • Intérpretes:Miguel Pernas, Luma Gómez e Manuela Varela
    Idiomas: Galego
    Público: Adultos


    Próximas actuacións

    Non se atoparon eventos


    Mostrar actuacións pasadas

    Publicar unha valoración

    Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


    Deixa un comentario

    X

    Únete á Comunidade!

    Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!