Teatro de Ningures

Persoa de contactoSalvador del Río
Correo electrónicosalvadordelrio66gmail.com
Webhttp://www.teatrodeningures.com/
Compoñentes
  • Etelvino Vázquez (director)
  • Casilda García (actriz)
  • Pepa Barreiro (actriz)
  • Sonia Rúa (actriz)
  • Salvador del Río (actor)
Historia

Despois de vintecinco anos de actividade teatral profesional, TEATRO DE NINGURES (fundada en 1.986) reune unha serie de recursos humanos, técnicos e materiais que fan desta compañía unha das máis estables de Galicia e un punto de encontro imprescindible para os profesionais do sur do país, así como unha referencia no panorama teatral galego

TEATRO DE NINGURES conta neste momento cun elenco estable, que traballa nas distintas obras que a compañía mantén en cartel, formado por cinco actrices, cinco actores e dous técnicos. Todos eles gozan de recoñecido prestixio dentro do mundo do teatro galego, con premios e mencións ó seu traballo. Ademáis é unha empresa na que traballan actores, técnicos e creadores de toda Galicia, pero fundamentalmente da provincia de Pontevedra, tendo nesta compañía un centro de traballo indispensable. Deste xeito, esta compañía posibilita a saída profesional e artística de moitos profesionais de toda Galicia, intentando nos últimos anos integrar xente nova, apostando por novos valores para a escena galega, contribuíndo a súa formación e á normalización do mercado de traballo teatral.

TEATRO DE NINGURES é tamén a compañía galega na que sistemáticamente ven realizando o seu traballo artístico un profesional de talla internacional como é o director Etelvino Vázquez, consolidando un equipo de traballo estable, encabezado polos actores e actrices socios da compañía: Casilda García, Pepa Barreiro, Sonia Rúa e Salvador del Río, que posibilita a creación dunha liña artística coherente, profundizando no traballo de grupo como unha vía posible para a creación dun estilo de traballo e dun estilo artístico recoñecible.

Facebookhttps://www.facebook.com/teatro.de.ningures/
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!