Teatro Ó Cubo

Persoa de contactoRoberto
Teléfono677809241
Correo electrónicorobertocmourinhogmail.com
Webhttps://urdime.gal/project/teatro-o-cubo/
Historia

Teatro ó cubo xorde en 2016 a partir das forzas creativas de tres artistas: Sofía Espiñeira, Roberto Casal Mouriño e Alfredo Pérez Muiño (Fredi). Os tres veñen dunha formación distinta en diversas disciplinas escénicas. Co teatro de actor como eixo común pasando pola danza, o circo, os monicreques e a música, estes tres artistas conforman unha compañía multidisciplinar. Xunto a José Lués Baños de Cos comparten durante un tempo un espazo creativo que lles sirve á vez de local de ensaio e de lugar no que poñer en común as súas inquietudes. Será neste espazo de convivencia e baixo este pretexto, o de sumar e formar equipo, onde nace a compañía Teatro Ó cubo. J.L Baños de Cos é o autor da súa ópera prima, O Faiado, que Sofía, Roberto e Fredi traducen ó teatro baixo a dirección de Pablo Sánchez “Pablísimo”.

 

No verán de 2018 estrean e xiran cunha segunda creación, Ghop!, un espectáculo de teatro cómico de rúa dirixido por Alfredo (Fredi), no cal o mago Noel Fandiño pasa a formar parte do elenco xunto a Sofía e Roberto.

Facebookhttps://www.facebook.com/ocuboteatro
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!